Dende o día 3 e ata o 30, a biblioteca prestará os seus servizos no seguinte horario:
Luns a venres
Mañás: de 10:00 a 13:00 horas.
Tardes: de 16:00 a 19:00 horas.
Dende a biblioteca municipal desexámosche un verán cheo de boas lecturas.
Estamos na Carballeira de Sta Minia dende 1989.
Sala xeral. Estudo, lectura e acceso a Internet.
Sala infantil, cálida e luminosa.
Acceso á información a través dos novos soportes dixitais.
A biblioteca de todos e cada un.
Dende a biblioteca municipal desexámosche un verán cheo de boas lecturas.
O espectáculo, dirixido a crianzas de 3 a 9 anos de idade, celebrarase o mércores 5 de xullo na Carballeira de Sta. Minia se a climatoloxía o permite (se non, informaremos dunha alternativa), comezando ás 12:00 h. e prolongándose durante aproximadamente 50 min. O acceso será libre e de balde, aínda que podes reservar cadeira no seguinte formulario.
Un espectáculo que che propón a biblioteca municipal para celebrar que chega ao verán e as tan esperadas vacacións estivais. Un recital organizado co patrocinio do programa Ler conta moito da Rede de Bibliotecas de Galicia.
O serán literario celebrouse na Sala Municipal de Exposicións (Casa da Cultura de Brión), comezando ás 20 h., prolongándose aproximadamente durante 45 min. A autora estivo acompañada polo recoñecido escritor e editor Eduardo Estévez, quen foi o encargado de abrir o acto.
Ao remate, Gisela e Eduardo conversaron co público asistente e a autora asinou numerosos exemplares da súa ultima obra e do seu anterior libro de relatos “Cuerpos ajenos”, publicado pola editorial Tandaia en 2020.
Concerto: A escola en itinerancia 16/05/2012 |