luns, 19 de xuño de 2023

A Ramona pequena vai á Lúa: Pakolas presenta en Brión o seu último espetáculo

No mes de xullo, o noso amigo Pakolas regresa a Brión para presentar un espectáculo musical baseado no seu último libro, “A Ramona pequena vai á Lúa”. Un serán onde Pakolas conta e canta a historia da Ramona pequena, unha nena movida por constantes inquedanzas cunha mente moi esperta. 

O espectáculo, dirixido a crianzas de 3 a 9 anos de idade, celebrarase o mércores 5 de xullo na Carballeira de Sta. Minia se a climatoloxía o permite (se non, informaremos dunha alternativa), comezando ás 12:00 h. e prolongándose durante aproximadamente 50 min. O acceso será libre e de balde, aínda que podes reservar cadeira no seguinte formulario

Un espectáculo que che propón a biblioteca municipal para celebrar que chega ao verán e as tan esperadas vacacións estivais. Un recital organizado co patrocinio do programa Ler conta moito da Rede de Bibliotecas de Galicia.


 

0 comentarios :

Publicar un comentario