O xoves 15 de xuño a biblioteca municipal organizou un encontro literario coa escritora Gisela Mato. Un serán onde a autora, natural de Ourense e residente en Brión, presentou a súa última publicación: “fraxilidades”, editada por Espiral Maior na súa colección de Poesía. Esta obra acadou en 2022 o XXXV Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé do Círculo Mercantil e Industrial-Unidad de Fene.
O serán literario celebrouse na Sala Municipal de Exposicións (Casa da Cultura de Brión), comezando ás 20 h., prolongándose aproximadamente durante 45 min. A autora estivo acompañada polo recoñecido escritor e editor Eduardo Estévez, quen foi o encargado de abrir o acto.
Ao remate, Gisela e Eduardo conversaron co público asistente e a autora asinou numerosos exemplares da súa ultima obra e do seu anterior libro de relatos “Cuerpos ajenos”, publicado pola editorial Tandaia en 2020.
0 comentarios :
Publicar un comentario