A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, ven de conceder ao Concello de Brión unha subvención por un importe de 27.000 € para o equipamento e a mellora das instalacións da Biblioteca Municipal.
Unha axuda que, sumada á achega económica do Concello, permitirá construír un baño accesible no primeiro andar do edificio onde se atopan as salas principais da biblioteca. Un aseo que substituirá ás actuais instalacións situadas no soto do edificio, incómodas e que non garanten as condicións de accesibilidade requiridas.
A intervención non rematará aí. Tamén se realizará un arranxo en dous dos lucernarios do teito da edificación, para acabar con molestas filtracións de auga de choiva, e eliminarase un chanzo da entrada interior do local para facilitar a accesibilidade ao mesmo.
A execución das obras está previsto que remate antes de finais de outubro deste ano. Dende a biblioteca municipal, manteremos informada á veciñanza sobre a evolución desta intervención que provocará unha interrupción temporal nos servizos bibliotecarios presenciais.

0 comentarios :
Publicar un comentario