HORARIO DE VERÁN: AGOSTO
Dende o 27 de xullo ata o 31 de agosto
a biblioteca municipal permanecerá pechada.

Biblioteca pública municipal de Brión

Estamos na Carballeira de Sta Minia dende 1989.

Un amplo espazo dominado pola luz

Sala xeral. Estudo, lectura e acceso a Internet.

Para os máis pequenos, un espazo de seu.

Sala infantil, cálida e luminosa.

Unha biblioteca aberta ás novas tecnoloxías

Acceso á información a través dos novos soportes dixitais.

Ven, entra e coñécenos

A biblioteca de todos e cada un.

Amosando publicacións coa etiqueta fraxilidades. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta fraxilidades. Amosar todas as publicacións

venres, 16 de xuño de 2023

Encontro literario coa escritora Gisela Mato

O xoves 15 de xuño a biblioteca municipal organizou un encontro literario coa escritora Gisela Mato. Un serán onde a autora, natural de Ourense e residente en Brión, presentou a súa última publicación: “fraxilidades”, editada por Espiral Maior na súa colección de Poesía. Esta obra acadou en 2022 o XXXV Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé  do Círculo Mercantil  e Industrial-Unidad de Fene.

O serán literario celebrouse na Sala Municipal de Exposicións (Casa da Cultura de Brión), comezando ás 20 h., prolongándose aproximadamente durante 45 min. A autora estivo acompañada polo recoñecido escritor e editor Eduardo Estévez, quen foi o encargado de abrir o acto.

Ao remate, Gisela e Eduardo conversaron co público asistente e a autora asinou numerosos exemplares da súa ultima obra e do seu anterior libro de relatos “Cuerpos ajenos”, publicado pola editorial Tandaia en 2020.




mércores, 31 de maio de 2023

Encontro literario en Brión con Gisela Mato

O xoves 15 de xuño celebraremos en Brión un encontro literario con Gisela Mato para coñecer a súa última publicación: “fraxilidades”. Un libro de poemas editado por Espiral Maior que en 2022 recibiu o XXXV Premio Nacional de Poesía  Xosemaría Pérez Parallé, convocado polo Círculo Mercantil e Industrial-Unidade de Fene co apoio do Concello fenés.

Gisela atesoura varios recoñecementos no seu currículo como escritora. En 1996 acadou o Premio de Poesía do Centenario do IES Otero Pedrayo. En 2015 tamén obtivo o VIII Premio de Relatos “Rosa de Cen Follas”. No ano 2020 publicou unha colección de relatos co título de “Cuerpos ajenos”, unha obra que poderás atopar na biblioteca municipal.

O evento literario comezará ás 20:00 h. e celebrarase na Sala Municipal de Exposicións (Casa da Cultura de Brión). O acceso será libre ata completar a capacidade de local. Na presentación Gisela estará acompañada por Eduardo Estévez.