A Dirección Xeral de Cultura na Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, está a traballar na elaboración dun estudo titulado “O valor social das Bibliotecas”, que será un instrumento que facilitará a planificación da política bibliotecaria galega nos próximos anos.
Este estudo realízase entre a cidadanía para coñecer como se valora o servizo que ofrecen as bibliotecas públicas da Rede e como contribúen ao benestar e desenvolvemento da sociedade. Servirá para cuantificar, dar visibilidade e poñer en valor as achegas destas institucións para as persoas usuarias e para a sociedade no seu conxunto, en termos tanto económicos como de benestar colectivo.
Para materializado é necesaria a colaboración de todas as persoas usuarias das bibliotecas de Galicia. A metodoloxía para a obtención de datos será a través da realización de enquisas en liña, dirixidas tanto a persoas usuarias das bibliotecas como a persoas que habitualmente non usan este servizo. Ademais, existe a posibilidade de cubrir o cuestionario de xeito manual, nas propias bibliotecas.
Por iso, dende as bibliotecas, pedimos á cidadanía colaboración para realizar esta enquisa, á que podemos acceder a través da seguinte ligazón ou escaneando o código Qr que aparece ao pé deste artigo co teu dispositivo móbil. O prazo de recollida de datos rematará a o 31 de xullo de 2023.
Moitas grazas de antemán pola vosa colaboración.
0 comentarios :
Publicar un comentario