Porque no ano que axiña comeza queremos seguir sendo a biblioteca de todos e cada un.
Estamos na Carballeira de Sta Minia dende 1989.
Sala xeral. Estudo, lectura e acceso a Internet.
Sala infantil, cálida e luminosa.
Acceso á información a través dos novos soportes dixitais.
A biblioteca de todos e cada un.
Dende xaneiro, a BPM de Brión propón aos seus usuarios maiores de 16 anos participar nun club de lectura. Os interesados nesta proposta xa poden inscribirse na actividade ata o día 29 de decembro. Para facelo só teñen que chamar aos tfnos. 981 50 99 08 (mañás) ou ao 981 50 99 69 (tardes). Tamén poden facelo dirixíndose directamente á biblioteca.
A primeira reunión está convocada para o día 18 de xaneiro. Nela xuntarémonos por primeira vez e estableceremos as bases de funcionamento deste novo club de lectura.
Os pequenos socios do Club Camaleón volveron reunirse este venres para participar nunha nova xuntanza na biblioteca. Os nenos e nenas, de idades comprendidas entre os 3 e os 6 anos, participaron nun divertido xogo de pistas que os conduciu na procura da solución polas diferentes salas da biblioteca pública municipal.
Nesta ardua tarefa contaron co inestimable apoio dos seus acompañantes adultos: país, nais, avós ou outros familiares que tamén participan na actividade. Todos xuntos, durante unha hora, pasaron un intre divertido e coñeceron a biblioteca un pouco máis.
O Club Camaleón, é unha actividade de dinamización realizada conxuntamente pola biblioteca pública e o Departamento de Mocidade e Voluntariado do Concello de Brión. Celébrase o último venres de casa mes durante unha hora. Os participantes están divididos en dous grupos, podendo escoller a sesión na que queren participar en cada convocatoria. O horario é de 17 a 18 horas para o primeiro grupo e de 18 a 19 horas para o segundo.Os interesados en participar poden inscribirse directamente na biblioteca, ou ben chamando ao teléfono 981 50 99 08 e 981 50 99 69.
Concerto: A escola en itinerancia 16/05/2012 |