martes, 26 de maio de 2020
O Club Camaleón regresa de xeito virtual
Por mor da crise sanitaria provocada pola COVID-19, dende o 14 de marzo aprazouse a celebración das habituais xuntanzas dos sábados pola mañá do Club Camaleón, unha actividade de animación á lectura dirixida a crianzas entre os 3 e os 8 anos de idade.
O Club Camaleón en formato presencial continúa adiado polo momento. Pero non queremos que as crianzas participantes perdan o contacto coa actividade mentres non poidamos pola de novo en marcha. De igual xeito que a biblioteca estivo activa nas redes durante o confinamento para manter o contacto coa cidadanía, desexamos que o Club Camaleón permaneza vivo grazas a Internet.
Por iso, o noso amigo David Orihuela de Mancuco Animación preparou uns vídeo que compartiremos convosco para manter viva a actividade, aínda que sexa a distancia e de xeito virtual. Aquí vai a primeira achega do Club Camaleón en desconfinamento. Un pequeno serán de animación virtual onde David nos fala da vella do Peto e o vello Sofío.
domingo, 24 de maio de 2020
Horario e servizos da biblioteca na FASE 2 do desconfinamento
Dende o luns, 25 de maio, a biblioteca pública municipal de Brión continúa aberta, agora prestando servizos de acordo coa FASE 2 do desconfinamento. Ao abeiro das directrices que vaiamos recibindo dende as diferentes institucións implicadas na xestión da crise da COVID-19, a biblioteca tomará unha serie de medidas para garantir a seguridade de todas aquelas persoas que se achegan ata o centro así coma do persoal laboral que traballa no mesmo.
En que horario abrimos a partir do 25 de maio?
Durante a FASE 2 do desconfinamento o horario de atención ao público vai ser:De luns a venres:
Mañás: 9:00 a 13:00 h.
Tardes: 16:00 a 20:00 h.
Que servizos imos prestar durante a FASE 2 do desconfinamento?
1. Devolución de materias prestados.
Farase preferentemente na caixa habilitada para tal función no recibidor da biblioteca. Unha vez entregados, pasarán un período de corentena (14 días) antes de volver aos andeis para garantir a seguridade do resto de usuarios.
2. Préstamo a domicilio.
Para evitar aglomeracións puntuais e garantir o distanciamento físico, realizarase baixo demanda con cita previa mediante e solicitude por teléfono ou e-mail dos libros ou outros materiais que se precisen retirar. O persoal da biblioteca será o encargado de localizalos e entregalos ás/aos usuarias/os cando se acheguen á biblioteca para recollelos. Nesta fase non está permitida o acceso ás coleccións.
3. Información bibliográfica e bibliotecaria.
Que faremos, preferentemente, a través dos medios habituais de comunicación telemática: teléfono, correo electrónico e redes sociais.
4. Acceso ás computadoras da biblioteca para consultar a OPAC (catálogos en liña) e Internet. Un servizo que recuperamos na FASE 2, aínda que non dende o día 25 de maio (avisaremos da súa posta en marcha nas redes sociais e portal web da bibliotea). O acceso será con aforo limitado para garantir o distanciamento social entre usuarios. O tempo máximo da sesión será de 60 min. (poderá ampliarse en caso de que non exista demanda por outras/os usuarias/os). Despois do uso das computadoras, procederase coa desinfección do posto. Porén, será preciso agardar un tempo entre cada sesión para proceder coa limpeza.

Que servizos non estarán dispoñibles durante a FASE 2 do desconfinamento?
- Actividades culturais, actividades
de estudo-lectura en sala, así como calquera outro servizo destinado ao
público distinto dos mencionados nos puntos anteriores.
- Nesta fase, non estará permitido o acceso e libre circulación polas salas da biblioteca, excepto nos espazos delimitados para realizar a devolución e préstamo de materiais. Porén, non
se poderá acceder á sala infantil nen ás salas de consulta/estudo.
-Tampouco se permitirá o acceso directo aos andeis onde se atopan as coleccións para consultar ou retirar libros, audiovisuais, revistas nin outro material da biblioteca. Os materiais só poderán ser retirados e entregados polo persoal bibliotecario.
- Restrínxese o acceso aos servizos ao non poderse garantir a súa hixienización despois de casa uso.

Cal é o protocolo a seguir para acceder á biblioteca?
-
Como é lóxico, non poderán acudir ás bibliotecas as persoas que
presenten síntomas ou estean en illamento domiciliario debido a un
diagnóstico por COVID-19, ou que se atopen en período de corentena
domiciliaria por ter contacto estreito con algunha persoa con síntomas
ou diagnosticada de COVID-19.
- As/os usuarias/os deben entrar nas instalacións individualmente, agardando pola súa quenda no recibidor.
- No caso de crianzas menores de 14 anos deberán estar acompañadas por un adulto. Poderán
acudir un máximo de dúas crianzas acompañadas por un adulto que se faga responsable delas.
- Pola súa seguranza, todas/os deben procurar manter unha distancia física de cando menos 2 m.
- Deberase acudir con máscara de protección facial. En caso de non dispor dela, poderase retirar unha no dispensador da entrada.
- Antes de entrar, as/os usuarias/os deberán desinfectar as mans empregando xel hidroalcohólico que atoparán nun dispensador colocado no recibidor da biblioteca para tal fin.
Que medidas hixiénicas e de seguridade tomamos na sala?
- Limpeza das instalacións da biblioteca.
- Todos os materiais e equipamentos pasaron por un período de corentena durante a duración do estado de alarma. Os documentos e materiais devoltos e aqueles de nova incorporación pasarán un período de illamento de 14 días antes de ser incorporados á colección.
- O acceso ás instalacións permanecerá, na medida do posible, sempre libre de obstáculos. As portas permanecerán abertas para evitar que as persoas que accedan deban tocar os pomos. Tamén se garantirá a axeitada ventilación da sala.
- Despois de cada visita, desinfectarse o mostrador de atención ao público e os postos de lectura.
- Despois do uso das computadoras de acceso a Internet, realizarase a desinfección do posto. Porén, será preciso agardar un tempo entre cada sesión para proceder coa limpeza.
- Tomaranse todas as medidas de hixiene necesarias para garantir a seguridade das/os usuarias/os e do persoal laboral do centro.
En fases posteriores do desconfinamento, e segundo evolucione a situación sanitaria, permitirase a entrada á biblioteca para a lectura e estudo en sala, establecendo un aforo limitado para garantir unha distancia física de seguridade entre os asistentes.

luns, 18 de maio de 2020
Maio Cultural-Letras Galegas nas Redes 2020: Programación especial

Venres 15 de maio:
Luís Vallecillo
Iniciamos o Maio Cultura-Letras Galegas nas Redes co noso amigo e veciño Luís Vallecillo que comparte connosco unha canción. Un un tema inédito que compuxo hai uns anos: "Buscando a Rosalía". Unha canción dedicada a Rosalía de Castro, primeira persoa homenaxeada no Día das Letras Galegas no ano 1963.
O tema forma parte do espectáculo "Cantares das Letras", un proxecto creado para festexar xunto coas familias o "Día das Letras Galegas". Moitas grazas Luís, e esperamos que axiña nos volvamos ver en vivo na biblioteca.
As Letras na Carballeira co CEIP de Pedrouzos
Cada maio, con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, todo o alumnado e profesorado do CEIP de Pedrouzos sube ata a Carballeira de Santa Minia para participar no festival "As Letras na Carballeira". Un evento no que colabora o Departamento de Cultura do Concello de Brión.
Este ano, estaba previsto homenaxear a figura de Ricardo Carvalho Calero con música, danza, poesía... e cunha actuación de Charo Pita e Xoán Curiel. Pero, debido á crise sanitaria provocada pola COVID-19 non vai poder ser. Por iso, el@s quixeron acompañarnos igualmente nun vídeo que o centro de Primaría brionés desexa compartir con todos/as. Grazas e feliz Día das Letras Galegas 2020.
Sábado 16 de maio:
Alberto Álvarez recita un poema de Carvalho Calero
O compañeiro Alberto Álvarez, técnico de Cultura do Concello de Brión, recita para o Maio Cultural-Letras Galegas 2020 nas Redes un poema de Ricardo Carvalho Calero: "Somos os pacifistas", publicado na obra "Reticências... (1986-1989)", en 1990 pola editorial Sotelo Blanco.
Domingo, 17 de maio:
David Orihuela recrea a Carvalho Calero
Para celebrar o Maio Cultural-Letras Galegas 2020, o amigo e colaborador David Orihuela,
integrante de Mancuco Animación, enviounos un vídeo onde nos presenta unha breve biografía de D. Ricardo Carvalho Calero mentres o debuxa.
Unha achega destinada ás crianzas coa que todas/os coñeceremos mellor a traxectoria vital do autor homenaxeado no Día Das Letras Galegas 2020
Lucho Penabade, de Os Quinquilláns, felicítanos as Letras Galegas
O noso amigo e veciño Lucho Penabade de Os Quinquilláns comparte connosco no Maio Cultural-Letras Galegas 2020 este vídeo para felicitar o Día das Letras Galegas e lembrar a figura de Ricardo Carvalho Calero.
Luns, 18 de maio:
Charo Pita agasállanos unha historia
A nosa amiga Charo Pita, escritora e narradora excepcional, felicítanos
as Letras Galegas e comparte connosco un conto escollido especialmente
para este Maio Cultural-Letras Galegas 2020 nas redes.
Presentamos unha adaptación dramatizada do conto "As pitas baixo a choiva" de Ricardo Carvalho Calero, baseado no texto do álbum publicado por Edicións Embora en 2008. O relato veu a luz por vez primeira na revista Lar en 1952.
Adaptada por Sandy Cebral, que creou a escenografía e caracterizou aos personaxes. Narrada por Alberto Álvarez e montada/animada por Armando Patiño.
Martes, 19 de maio:
Minguante presentan "Estrelas"
Continuamos co Maio Cultural-Letras Galegas nas redes para celebrar o Día Das Letras Galegas e conmemorar a figura de Carvalho Calero. Miguel Alonso e Óscar Martínez comparten connosco no Maio Cultural- Letras Galegas de Brión 2020 unha versión acústica gravada na casa desta canción de Minguante. Con letra e música Óscar Martínez.
Mércores, 20 de maio:
"María siléncio", poema de Ricardo Carvalho Calero
María José Casal, Alessandra Cebro, Ana Fernández, Conchi Pereira e Leticia Miraz, integrantes do grupo de pandeireta perfeccionamento das Escolas Municipais de Música e Danza Tradicionais de Brión, recitan dende as súas casas o poema de Ricardo Carvalho Calero "María siléncio" para celebrar as Letras Galegas.Xoves, 21 de maio:
Irene Quinteiro agasállanos dous poemas
Unha nova achega ao Maio Cultural-Letras Galegas 2020 nas redes de Brión para conmemorar o Día das Letras Galegas e á figura de Carvalho Calero. A nosa amiga Irene Quinteiro Blanco recita dous poemas da súa autoría para
felicitarnos as Letras Galegas. Presentamos "Carta aberta" e "Postdata".
Venres, 22 de maio:
Conto dramatizado: "As pitas baixo a choiva" de Ricardo Carvalho Calero
Como o prometido é débeda, aquí está a sorpresa da que falaramos para conmemorar a figura de Ricardo Carvalho Calero, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2020.Presentamos unha adaptación dramatizada do conto "As pitas baixo a choiva" de Ricardo Carvalho Calero, baseado no texto do álbum publicado por Edicións Embora en 2008. O relato veu a luz por vez primeira na revista Lar en 1952.
Adaptada por Sandy Cebral, que creou a escenografía e caracterizou aos personaxes. Narrada por Alberto Álvarez e montada/animada por Armando Patiño.
Escolas Municipais de Música e Danza Tradicionais de Brión
As alumnas Iria Orosa Diz de Pandeireta e Baile Grupo 1B e Alba Lucía Santamaría González de Baile Grupo 3 e Pandeireta Grupo 2, integrantes das Escolas Municipais de Música e Danza Tradicionais de Brión, comparten este vídeo connosco para celebrar o Maio Cultural e as Letras Galegas.O alumnado da EEI de Os Ánxeles celebra as Letras Galegas
A EEI de Os Ánxeles (Brión) comparte un vídeo realizado cos traballos que o alumnado desta escola realizou para conmemorar o Día das Letras Galegas 2020.domingo, 17 de maio de 2020
17 de maio, Día das Letras Galegas Ricardo Carvalho Calero
Bo Día das Letras Galegas a todas/os. Unha data que este ano celebramos dun xeito diferente, debido á crise sanitaria que por desgraza estamos a vivir. Pero un día que resplandece coma o sol de primavera do seu alborecer, sen diminuír un ápice da súa fortaleza e sentido festivo de celebración das nosas letras e a nosa lingua.
Como xa sabes, a través da Rede, estamos a converter o tradicional Maio Cultura-Letras Galegas de Brión nun evento totalmente virtual para conmemorar a festa das Nosas letras a través de diferentes actividades e achegas de veciños, amigos, colaboradores, etc. que fan posible que a cultura non pare durante o des-confinamento.
Por suposto, ceibaremos nas redes sociais máis cousas relacionadas co autor homenaxeado este ano, Ricardo Carvalho Calero. Pero no día propio da celebración, queremos compartir con todas e todas unhas breves palabras do presidente da Real Academia Galega (e veciño de Brión), Víctor F. Freixanes que felicita a todas e todos os galegos neste día de celebración da festa das Nosas Letras.
xoves, 14 de maio de 2020
Maio Cultural-Letras Galegas 2020, este ano celebramolo nas Redes.
Maio é o mes no que as nosas Letras florecen en Brión. Nestes días de des-confinamento por mor das medidas de contención tomadas para previr a expansión do COVID-19, renunciar á cultura non é unha opción. Porén, o Departamento de Cultura e a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Brión non imos desistir na celebración do Maio Cultural - Letras Galegas 2020. Ante estas circunstancias extraordinarias derivadas da crise sanitaria que nos impiden realizar actividades de xeito presencial, convertémolo nun evento totalmente virtual, adaptado para a súa difusión a través das redes sociais e o portal web da biblioteca entre os días 15 e 22 de maio.
Alcanzar este obxectivo en solitario non é doado. Por iso, precisamos da implicación de toda a veciñanza, especialmente daquelas persoas e colectivos vinculados coa arte, a literatura, a escena, a comunicación, a música... en definitiva, ligados e comprometidos coa cultura. Nos vindeiros días, iremos compartiremos con todos vós a súa achega a través das redes sociais da biblioteca, para celebrar a festa das nosas letras e conmemorar a figura do autor homenaxeado este ano, Ricardo Carvalho Calero.
Se o desexas, ti tamén podes participar neste proxecto dun xeito moi sinxelo. Comparte no Facebook ou Twitter, a través do cancelo #maioculturalbrión, unha recomendación literaria, cinematográfica, teatral ou musical relacionada coa nosa Lingua e Literatura. Podes, por exemplo, enviar a foto da portada dun libro, película ou disco; compartir un videoclip dun grupo musical galego que che guste... Ou fai unha breve reflexión ou comentario no formato que desexes sobre o que para ti significa o Día das Letras Galegas e o personaxe homenaxeado na edición deste ano: Ricardo Carvalho Calero.
O Maio Cultural-Letras Galegas de Brión está aquí e este ano a festa vai ser nas Redes. Animádevos a participar.
luns, 11 de maio de 2020
A biblioteca municipal de Brión reabre a súas portas na Fase 1. Horarios, servizos e normas de funcionamento.
17:58
Concello de Brión
Despois dun tempo en que a biblioteca pública municipal tivo que pechar as súas portas por mor da crise sanitaria provocada pola COVID-19, comezamos un novo período no que de xeito progresivo recuperaremos as actividades e funcionamento habitual do centro.
Se durante a etapa de confinamento continuamos coas nosas actividades e servizos de xeito virtual, a través das redes sociais e Internet, agora regresamos ao habitual modo presencial con certas limitacións e protocolos de funcionamento que iremos actualizando segundo evolucione a situación sanitaria.
Sempre ao abeiro das directrices que vaiamos recibindo dende as diferentes institucións implicadas na xestión da crise da COVID-19, a biblioteca tomará unha serie de medidas para garantir a seguridade de todas aquelas persoas que se achegan ata o centro así coma do persoal laboral que traballa no mesmo.

Dende cando abrimos e en que horario?
A BPM de Brión reabre as portas a partir do día 12 de maio.
Durante a FASE 1 do desconfinamento o horario de atención vai ser:
Durante a FASE 1 do desconfinamento o horario de atención vai ser:
De luns a venres, entre as 9:00 e as 13:00 h.
Que servizos imos prestar durante a FASE 1 do desconfinamento?
1. Devolución de materias prestados.
Farase preferentemente na caixa habilitada para tal función no recibidor da biblioteca. Unha vez entregados, pasarán un período de corentena (14 días) antes de volver aos andeis para garantir a seguridade do resto de usuarios.
2. Préstamo a domicilio.
Para evitar aglomeracións puntuais e garantir o distanciamento físico, realizarase baixo demanda con cita previa mediante e solicitude por teléfono ou e-mail dos libros ou outros materiais que se precisen retirar. O persoal da biblioteca será o encargado de localizalos e entregalos ás/aos usuarias/os cando se acheguen á biblioteca para recollelos. Nesta fase non está permitida o acceso ás coleccións.
3. Información bibliográfica e bibliotecaria.
Que faremos, preferentemente, a través dos medios habituais de comunicación telemática: teléfono, correo electrónico e redes sociais.
Farase preferentemente na caixa habilitada para tal función no recibidor da biblioteca. Unha vez entregados, pasarán un período de corentena (14 días) antes de volver aos andeis para garantir a seguridade do resto de usuarios.
2. Préstamo a domicilio.
Para evitar aglomeracións puntuais e garantir o distanciamento físico, realizarase baixo demanda con cita previa mediante e solicitude por teléfono ou e-mail dos libros ou outros materiais que se precisen retirar. O persoal da biblioteca será o encargado de localizalos e entregalos ás/aos usuarias/os cando se acheguen á biblioteca para recollelos. Nesta fase non está permitida o acceso ás coleccións.
3. Información bibliográfica e bibliotecaria.
Que faremos, preferentemente, a través dos medios habituais de comunicación telemática: teléfono, correo electrónico e redes sociais.
Que servizos non estarán dispoñibles durante a FASE 1 do desconfinamento?
- Actividades culturais, actividades de estudo-lectura en sala, así como calquera outro servizo destinado ao público distinto dos mencionados nos puntos anteriores.
- Nesta fase, non estará permitido o acceso e libre circulación polas salas da biblioteca, excepto nos espazos delimitados para realizar a devolución e préstamo de materiais. Porén, non se poderá acceder á sala infantil, ás salas de consulta/estudo, nin ao servizo de Internet (computadoras Aula da Deputación).
-Tampouco se permitirá o acceso directo aos andeis onde se atopan as coleccións para consultar ou retirar libros, audiovisuais, revistas nin outro material da biblioteca. Os materiais só poderán ser retirados e entregados polo persoal bibliotecario.
- Restrínxese o acceso aos servizos ao non poderse garantir a súa hixienización despois de casa uso.
-Tampouco se permitirá o acceso directo aos andeis onde se atopan as coleccións para consultar ou retirar libros, audiovisuais, revistas nin outro material da biblioteca. Os materiais só poderán ser retirados e entregados polo persoal bibliotecario.
- Restrínxese o acceso aos servizos ao non poderse garantir a súa hixienización despois de casa uso.
Cal é o protocolo a seguir para acceder á biblioteca?
- Como é lóxico, non poderán acudir ás bibliotecas as persoas que presenten síntomas ou estean en illamento domiciliario debido a un diagnóstico por COVID-19, ou que se atopen en período de corentena domiciliaria por ter contacto estreito con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada de COVID-19.
- As/os usuarias/os deben entrar nas instalacións individualmente, agardando pola súa quenda no recibidor.
- No caso de crianzas menores de 14 anos deberán estar acompañadas por un adulto. Poderán
acudir dúas crianzas máximo acompañadas por un adulto que se faga responsable delas.
- Pola súa seguranza, todas/os deben procurar manter unha distancia física de cando menos 2 m.
- Recoméndase acudir con máscara de protección facial.
- Antes de entrar, as/os usuarias/os deberán desinfectar as mans empregando xel hidroalcohólico que atoparán nun dispensador colocado na entrada para tal fin.
Que medidas hixiénicas e de seguridade tomamos na sala?
- Antes de iniciar esta etapa, procedeuse á limpeza das instalacións da biblioteca.
- Todos os materiais e equipamentos pasaron por un período de corentena durante a duración do estado de alarma.
- O acceso ás instalacións permanecerá, na medida do posible, sempre libre de obstáculos. As portas permanecerán abertas para evitar que as persoas que accedan deban tocar os pomos.
- Despois de cada visita, desinfectarse o mostrador de atención ao público.