Días 25 ao 27 de marzo, a biblioteca abrirá:
- Mañás: de 10:30 a 13:30 h.
Días 28 e 29 de marzo:
A biblioteca permanecerá PECHADA.
A partir do luns 1 de abril, retomaremos o horario habitual.
Desculpen as molestias e moitas grazas.
Estamos na Carballeira de Sta Minia dende 1989.
Sala xeral. Estudo, lectura e acceso a Internet.
Sala infantil, cálida e luminosa.
Acceso á información a través dos novos soportes dixitais.
A biblioteca de todos e cada un.
O 21 de marzo conmemoramos o Día Mundial da Poesía. Unha ocasión especial para celebrar a creatividade, a expresión e o poder da palabra a través da poesía. Este evento, proclamado pola UNESCO en 1999, busca fomentar a diversidade lingüística a través da expresión poética e resaltar a importancia da poesía como unha forma de arte que transcende fronteiras e conecta ás persoas a nivel emocional e cultural. O Día Mundial da Poesía é unha oportunidade para celebrar a riqueza e a beleza da poesía, así como para promover o diálogo intercultural e a creatividade en todo o mundo.
Achégate á biblioteca é descubre o pracer de ler poesía, sexa en formato papel ou a través dos contidos das plataformas de préstamo dixital. Atoparás unha pequena mostra bibliográfica cunha escolma de títulos nun dos expositores de novidades. Asemade, publicaremos nas redes sociais do centro ligazóns cara a contidos en formato dixital nas plataformas de préstamo GaliciaLe e eBibliodacoruna.
Despois de ler e comentar a obra “A nosa negra” de Harriet E. Wilson, cambiamos de rexistro para achegarnos á narrativa dun autor español contemporáneo. Falamos de Alejandro Palomas e “Una madre”, unha novela que nos mergulla nun mundo de emocións intensas e relacións familiares complexas.
A historia que imos afrontar céntrase en Amalia, unha nai viúva e loitadora que trata de manter unida á súa peculiar familia. Cun estilo narrativo sutil e conmovedor, Palomas condúcenos a través dos pensamentos e sentimentos dos personaxes, explorando temas como o amor, a perda, a lealdade e a aceptación. Á medida que a trama avanza, desvélanse segredos do pasado que impactan no presente da familia, desencadeando momentos de tensión e reflexión.
Para comentala reunirémonos o luns 29 de abril, como sempre, ás 20:00 h. na biblioteca municipal.
Un evento vinculado coa conmemoración do 8M, Día Internacional da Muller, dirixido a público familiar, aínda que especialmente pensado para crianzas de entre 5 e 11 anos de idade.
Durante aproximadamente 45 min. as persoas asistentes coñeceron a historia de Jaime, un neno entusiasta do fútbol, o mellor xogador do seu cole ata que se muda a Revelandia. Alí todas as deportistas son rapazas, tamén no fútbol! E pasa a ser o único rapaz deportista.
Baixo o lema “Investir nas mulleres: acelerar o progreso” a conmemoración deste ao fai fincapé en que garantir os dereitos de mulleres e nenas en todos os eidos da vida é a único xeito de asegurar un desenvolvemento sostible. Porque un dos principais obstáculos para acadar a tan desexada igualdade de xénero en 2030 é a alarmante falta de financiamento, cun abafador déficit anual de 360.000 millóns de dólares. (segundo a ONU). Por iso que, este 8 de marzo, hai que sumarse á mobilización no Día Internacional da Muller destacando o mencionado lema.
- Xoves, 7 de marzo:
Ás 20:30 h. no Centro Social de Brión.
- Venres, 8 de marzo:
- Venres, 15 de marzo
A celebración do 8M prolongarase ata o venres 15 de marzo. A BPM de Brión convídanos a participar nun espectáculo de narración oral a cargo de Trémola Teatro que presentará en Brión “O mundo ao revés”. Un serán contacontos, dirixido a crianzas a partir de 5 anos de idade, onde coñeceremos a Jaime, un neno entusiasta do fútbol, o mellor xogador do seu cole ata que se muda a Revelandia. Alí todas as deportistas son rapazas, tamén no fútbol! E pasa a ser o único rapaz deportista. A entrada será de balde ata completar a capacidade do local. Celebrarase a partir das 18:00 h., cunha duración aproximada de 45 min. A entrada será libre ata completar a capacidade do local.
A temática feminista e de igualdade tamén estará presente nunha pequena selección de obras que forman parte do punto de interese sobre igualdade que ten a biblioteca. O material escolmado poderá consultarse nun dos expositores de novidades da biblioteca ata o día 15 de marzo.
A través das redes sociais da biblioteca, regresan as “Mulleres de Brión... onte, hoxe, sempre”. Un proxecto de difusión que comparte en liña imaxes do arquivo de fotografías antigas, todas elas de temática vencellada ao 8M Día Internacional da Muller. Como novidade, este ano incorporamos Instagram ao proxecto, que tamén se poderá seguir no Facebook e no Twitter da biblioteca.
Feliz 8M!, Día Internacional da Muller e da Nena.
O venres, 15 de marzo, as crianzas de Brión poderán gozar dun novo serán de narración oral a cargo de Trémola Teatro que presenta en Brión o espectáculo “O mundo ao revés”. Trátase dunha sesión contacontos que se celebrará na Sala Municipal de Exposicións a partir das 18 h. Durante 45 min. coñeceremos a Jaime, un neno entusiasta do fútbol, o mellor xogador do seu cole ata que se muda a Revelandia. Alí todas as deportistas son rapazas, tamén no fútbol! E pasa a ser o único rapaz deportista.
Unha historia onde os valores da igualdade estarán presentes; un contacontos para toda a familia, especialmente dirixido a crianzas maiores de 5 anos. Como sempre, a entrada será libre ata completar a capacidade do local.
Unha obra que reúne máis de cen relatos curtos na procura de motivar, axudar, apoderar ás mulleres que teñen unha discapacidade ou que está a sufrir unha doenza. Ana María narra como as súas vivencias foron fonte de aprendizaxe, como a través da dor se pode ser máis forte e ser tamén unha persoa coa empatía suficiente como para entender todos os medos aos que as persoas con enfermidades crónicas están abocadas.
O evento reuniu na Sala Municipal de Exposicións de Brión (Casa da Cultura) a un numeroso público que asistiu a un acto no que tamén participaron Carmen Pazos e Josefa, que apoiaron á autora na presentación literaria. En representación municipal, acudiu ao acto a concelleira Rosa Romero. Ao remate, Ana María dedicou exemplares da súa obra a todas as persoas que o desexaron.
Con esta actividade, inícianse as propostas que este ano presenta a biblioteca municipal para conmemorar o 8M, Día da Muller. Continuarán o vindeiro 15 de marzo cunha sesión de narración oral para crianzas a cargo de Trémola Teatro. Asemade, o centro presentará no expositor de novidades unha escolma de obras do seu punto de interese permanente sobre igualdade e lanzará nas redes sociais unha nova edición de “Mulleres de Brión”, con imaxes do arquivo de fotografía antiga do centro.
Concerto: A escola en itinerancia 16/05/2012 |