Unha obra que reúne máis de cen relatos curtos na procura de motivar, axudar, apoderar ás mulleres que teñen unha discapacidade ou que está a sufrir unha doenza. Ana María narra como as súas vivencias foron fonte de aprendizaxe, como a través da dor se pode ser máis forte e ser tamén unha persoa coa empatía suficiente como para entender todos os medos aos que as persoas con enfermidades crónicas están abocadas.
O evento reuniu na Sala Municipal de Exposicións de Brión (Casa da Cultura) a un numeroso público que asistiu a un acto no que tamén participaron Carmen Pazos e Josefa, que apoiaron á autora na presentación literaria. En representación municipal, acudiu ao acto a concelleira Rosa Romero. Ao remate, Ana María dedicou exemplares da súa obra a todas as persoas que o desexaron.
Con esta actividade, inícianse as propostas que este ano presenta a biblioteca municipal para conmemorar o 8M, Día da Muller. Continuarán o vindeiro 15 de marzo cunha sesión de narración oral para crianzas a cargo de Trémola Teatro. Asemade, o centro presentará no expositor de novidades unha escolma de obras do seu punto de interese permanente sobre igualdade e lanzará nas redes sociais unha nova edición de “Mulleres de Brión”, con imaxes do arquivo de fotografía antiga do centro.
0 comentarios :
Publicar un comentario