Biblioteca pública municipal de Brión

Estamos na Carballeira de Sta Minia dende 1989.

Un amplo espazo dominado pola luz

Sala xeral. Estudo, lectura e acceso a Internet.

Para os máis pequenos, un espazo de seu.

Sala infantil, cálida e luminosa.

Unha biblioteca aberta ás novas tecnoloxías

Acceso á información a través dos novos soportes dixitais.

Ven, entra e coñécenos

A biblioteca de todos e cada un.

luns, 29 de xuño de 2020

Horario de verán da biblioteca municipal: mes de xullo

No mes de xullo a biblioteca municipal de Brión adapta as horas de apertura á temporada estival.
Dende o mércores 1 e ata o venres 31 de xullo, a biblioteca prestará os seus servizos no seguinte horario:

Luns a venres:
Mañás: de 10:00 a 13:00 horas.
Tardes: de 16:00 a 20:00 horas.
Os sábados, a biblioteca permanecerá pechada

venres, 26 de xuño de 2020

O Club Camaleón na Rede: Despedímonos ata o outono co picto conto do gato Chiky

Rematou o curso e chegan as vacacións estivais. Se ben é verdade que, por mor da COVID-19,  finalizamos esta etapa dun xeito pouco habitual, o Club Camaleón xa está preparando a súa volta despois do verán. Se as circunstancias o permiten, retomaremos esta actividade de animación e fomento da lectura en outubro con máis gañas que nunca. Estade atentos, porque vos informaremos de todo no seu momento.

Para pechar esta etapa, imos compartir convosco un novo picto conto que nos envía o amigo David de Mancuco Animación.  Nel imos coñecer ao gato Chiki e descubrir que lle aconteceu aquela noite cunhas pompas de moco. Que será?. Imos ver o vídeo.


luns, 22 de xuño de 2020

Horario e servizos da biblioteca na nova normalidade: mes de xuño [Actualizado]

A biblioteca pública municipal de Brión permanece aberta, agora prestando servizos nunha nova fase na que iremos recuperando progresivamente o funcionamento habitual do centro. Ao abeiro das directrices que vaiamos recibindo dende as diferentes institucións implicadas na xestión da crise da COVID-19, a biblioteca tomará unha serie de medidas para garantir a seguridade de todas aquelas persoas que se achegan ata o centro así coma do persoal laboral que traballa no mesmo.

 

En que horario abrimos na segunda quincena de xuño?

O horario de atención ao público vai ser:

De luns a venres:
Mañás: 9:00 a 13:00 h.
Tardes: 16:00 a 21:00 h.

Que servizos prestamos?

1. Devolución de materias prestados.
Farase preferentemente na caixa habilitada para tal función no recibidor da biblioteca. Unha vez entregados, pasarán un período de corentena antes de volver aos andeis para garantir a seguridade do resto de usuarios.

2. Préstamo a domicilio.

Solo será preciso cita previa para retirar os libros da sala infantil (lectoras/es de 0 a 7 anos). O resto da colección recupera o libre acceso: salas principal e salas de consulta/estudo.

3. Información bibliográfica e bibliotecaria.
Que faremos, preferentemente, a través dos medios habituais de comunicación telemática: teléfono, correo electrónico e redes sociais.

4. Acceso ás computadoras da biblioteca para consultar a OPAC (catálogos en liña) e Internet.  O acceso será con aforo limitado para garantir o distanciamento social entre usuarios. O tempo máximo da sesión será de 60 min. (poderá ampliarse en caso de que non exista demanda por outras/os usuarias/os). Despois do uso das computadoras, procederase coa desinfección do posto. Porén, será preciso agardar un tempo entre cada sesión para proceder coa limpeza.

 5. Consulta, lectura e estudo en sala con aforo limitado
Poderase acceder aos postos da sala principal para realizar tarefas de consulta, lectura ou estudo. O aforo estará limitado ao 50 % (debido ás característica das salas) para garantir a distancia de seguridade entre as/os usuarias/os. Asemade todas as persoas deberán seguir o protocolo de seguranza establecido para o acceso ás instalacións da biblioteca: desinfección de mas co xel hidroalcohólico, uso de máscara facial, etc.

Que servizos non estarán dispoñibles polo de agora e ata novo aviso?


- Ata novo aviso, non estará permitido o acceso e libre circulación para o público na sala infantil da biblioteca

Cal é o protocolo a seguir para acceder á biblioteca?

- Como é lóxico, non poderán acudir ás bibliotecas as persoas que presenten síntomas ou estean en illamento domiciliario debido a un diagnóstico por COVID-19, ou que se atopen en período de corentena domiciliaria por ter contacto estreito con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada de COVID-19. 

- As/os usuarias/os deberán entrar nas instalacións preferentemente de xeito individual, agardando pola súa quenda no recibidor.

- No caso de crianzas menores de 14 anos deberán estar acompañadas por un adulto. Poderá
acudir só unha crianzas acompañadas por un adulto que se faga responsable dela.

- Pola súa seguranza, todas/os deben procurar manter unha distancia física de cando menos 1,5 m. 

- Recomendamos acudir con máscara de protección facial, por se non fora posible manter a distancia de seguridade con outros usuarios. En caso de non dispor dela, poderase retirar unha no dispensador da entrada. Será de uso obrigatoria cando se manipulen os materiais da colección de libre acceso.

- Antes de entrar, as/os usuarias/os deberán desinfectar as mans empregando xel hidroalcohólico que atoparán nun dispensador colocado no recibidor da biblioteca para tal fin.

Que medidas hixiénicas e de seguridade tomamos na sala?

-  Limpeza das instalacións da biblioteca.

- Todos os materiais e equipamentos pasaron por un período de corentena durante a duración do estado de alarma. Os documentos e materiais devoltos e aqueles de nova incorporación pasarán un período de illamento antes de ser incorporados á colección.

- O acceso ás instalacións permanecerá, na medida do posible, sempre libre de obstáculos. As portas permanecerán abertas para evitar que as persoas que accedan deban tocar os pomos. Tamén se garantirá a axeitada ventilación da sala.

- Despois de cada visita, desinfectarse o mostrador de atención ao público e os postos de lectura.

- Despois do uso das computadoras de acceso a Internet, realizarase a desinfección do posto. Porén, será preciso agardar un tempo entre cada sesión para proceder coa limpeza.

- Tomaranse todas as medidas de hixiene necesarias para garantir a seguridade das/os usuarias/os e do persoal laboral do centro.

mércores, 17 de xuño de 2020

O Club Camaleón na Rede: O coello Federico

Chega un novo serán de animación do Club Camaleón nas redes. Esta semana, David, de Mancuco Animación, envíanos un novo vídeo que compartimos con todas/os as/os camaleóns/as para manter viva a actividade.

Neta ocasión, David propón a lectura do libro "O Coello Federico" de Xosé Miranda, publicado por Edicións Xerais. Unha lectura divertida con rimas e unha reflexión final




domingo, 7 de xuño de 2020

Horario e servizos da biblioteca na FASE 3 do desconfinamento [Actualizado]

Dende o luns, 8 de xuño, a biblioteca pública municipal de Brión continúa aberta, agora prestando servizos de acordo coa FASE 3 do desconfinamento. Ao abeiro das directrices que vaiamos recibindo dende as diferentes institucións implicadas na xestión da crise da COVID-19, a biblioteca tomará unha serie de medidas para garantir a seguridade de todas aquelas persoas que se achegan ata o centro así coma do persoal laboral que traballa no mesmo.

 

En que horario abrimos a partir do 8 de xuño?

Durante a FASE 3 do desconfinamento o horario de atención ao público vai ser:

De luns a venres:
Mañás: 9:00 a 13:00 h.
Tardes: 16:00 a 21:00 h.

Que servizos imos prestar durante a FASE 3 do desconfinamento?

1. Devolución de materias prestados.
Farase preferentemente na caixa habilitada para tal función no recibidor da biblioteca. Unha vez entregados, pasarán un período de corentena (14 días) antes de volver aos andeis para garantir a seguridade do resto de usuarios.

2. Préstamo a domicilio.

Para evitar aglomeracións puntuais e garantir o distanciamento físico, realizarase baixo demanda con cita previa mediante e solicitude por teléfono ou e-mail dos libros ou outros materiais que se precisen retirar. O persoal da biblioteca será o encargado de localizalos e entregalos ás/aos usuarias/os cando se acheguen á biblioteca para recollelos. Nesta fase non está permitida o acceso ás coleccións.

3. Información bibliográfica e bibliotecaria.
Que faremos, preferentemente, a través dos medios habituais de comunicación telemática: teléfono, correo electrónico e redes sociais.

4. Acceso ás computadoras da biblioteca para consultar a OPAC (catálogos en liña) e Internet. Un servizo que recuperamos na FASE 2, aínda que non dende o día 25 de maio (avisaremos da súa posta en marcha nas redes sociais e portal web da bibliotea). O acceso será con aforo limitado para garantir o distanciamento social entre usuarios. O tempo máximo da sesión será de 60 min. (poderá ampliarse en caso de que non exista demanda por outras/os usuarias/os). Despois do uso das computadoras, procederase coa desinfección do posto. Porén, será preciso agardar un tempo entre cada sesión para proceder coa limpeza.

 5. Consulta, lectura e estudo en sala con aforo limitado
Poderase acceder aos postos da sala principal para realizar tarefas de consulta, lectura ou estudo. O aforo estará limitado ao 50 % para garantir a distancia de seguridade entre as/os usuarias/os. Asemade todas as persoas deberán seguir o protocolo de seguranza establecido para o acceso ás instalacións da biblioteca: desinfección de mas co xel hidroalcohólico, uso de máscara facial, etc.

Que servizos non estarán dispoñibles durante a FASE 3 do desconfinamento?

- Actividades culturais, así como calquera outro servizo destinado ao público distinto dos mencionados nos puntos anteriores.
- Nesta fase, non estará permitido o acceso e libre circulación por determinaras zonas da biblioteca, Porén, non se poderá acceder á sala infantil e ás salas de consulta/estudo.

-Tampouco se permitirá o acceso directo aos andeis onde se atopan as coleccións para consultar ou retirar libros, audiovisuais, revistas nin outro material da biblioteca. Os materiais só poderán ser retirados e entregados polo persoal bibliotecario. Unha vez consultados, deberán pasar un período de corentena de 14 días antes de ser devoltos aos andeis.

- Restrínxese o acceso aos servizos ao non poderse garantir a súa hixienización despois de casa uso.

Cal é o protocolo a seguir para acceder á biblioteca?

- Como é lóxico, non poderán acudir ás bibliotecas as persoas que presenten síntomas ou estean en illamento domiciliario debido a un diagnóstico por COVID-19, ou que se atopen en período de corentena domiciliaria por ter contacto estreito con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada de COVID-19. 

- As/os usuarias/os deben entrar nas instalacións individualmente, agardando pola súa quenda no recibidor.

- No caso de crianzas menores de 14 anos deberán estar acompañadas por un adulto. Poderá
acudir só unha crianzas acompañadas por un adulto que se faga responsable dela.

- Pola súa seguranza, todas/os deben procurar manter unha distancia física de cando menos 2 m. 

- Deberase acudir con máscara de protección facial. En caso de non dispor dela, poderase retirar unha no dispensador da entrada.

- Antes de entrar, as/os usuarias/os deberán desinfectar as mans empregando xel hidroalcohólico que atoparán nun dispensador colocado no recibidor da biblioteca para tal fin.

Que medidas hixiénicas e de seguridade tomamos na sala?

-  Limpeza das instalacións da biblioteca.

- Todos os materiais e equipamentos pasaron por un período de corentena durante a duración do estado de alarma. Os documentos e materiais devoltos e aqueles de nova incorporación pasarán un período de illamento de 14 días antes de ser incorporados á colección.

- O acceso ás instalacións permanecerá, na medida do posible, sempre libre de obstáculos. As portas permanecerán abertas para evitar que as persoas que accedan deban tocar os pomos. Tamén se garantirá a axeitada ventilación da sala.

- Despois de cada visita, desinfectarse o mostrador de atención ao público e os postos de lectura.

- Despois do uso das computadoras de acceso a Internet, realizarase a desinfección do posto. Porén, será preciso agardar un tempo entre cada sesión para proceder coa limpeza.

- Tomaranse todas as medidas de hixiene necesarias para garantir a seguridade das/os usuarias/os e do persoal laboral do centro.

mércores, 3 de xuño de 2020

O Club Camaleón na rede: historias de ratiños

Continuamos cunha nova sesión do Club Camaleón nas redes. Grazas a internet e ao noso amigo e colaborador David de Mancuco Animación, compartimos un novo vídeo para manter viva esta actividade de animación ata que nos poidamos reunir de xeito presencial outra vez.

Esta semana, David proponnos facer un ratiño e falar sobre os ratos do mundo da animación, o cine e a TV e, coma non, dos libros.