En que horario abrimos na segunda quincena de xuño?
O horario de atención ao público vai ser:De luns a venres:
Mañás: 9:00 a 13:00 h.
Tardes: 16:00 a 21:00 h.
Que servizos prestamos?
1. Devolución de materias prestados.
Farase preferentemente na caixa habilitada para tal función no recibidor da biblioteca. Unha vez entregados, pasarán un período de corentena antes de volver aos andeis para garantir a seguridade do resto de usuarios.
2. Préstamo a domicilio.
Solo será preciso cita previa para retirar os libros da sala infantil (lectoras/es de 0 a 7 anos). O resto da colección recupera o libre acceso: salas principal e salas de consulta/estudo.
3. Información bibliográfica e bibliotecaria.
Que faremos, preferentemente, a través dos medios habituais de comunicación telemática: teléfono, correo electrónico e redes sociais.
4. Acceso ás computadoras da biblioteca para consultar a OPAC (catálogos en liña) e Internet. O acceso será con aforo limitado para garantir o distanciamento social entre usuarios. O tempo máximo da sesión será de 60 min. (poderá ampliarse en caso de que non exista demanda por outras/os usuarias/os). Despois do uso das computadoras, procederase coa desinfección do posto. Porén, será preciso agardar un tempo entre cada sesión para proceder coa limpeza.
5. Consulta, lectura e estudo en sala con aforo limitado
Poderase acceder aos postos da sala principal para realizar tarefas de consulta, lectura ou estudo. O aforo estará limitado ao 50 % (debido ás característica das salas) para garantir a distancia de seguridade entre as/os usuarias/os. Asemade todas as persoas deberán seguir o protocolo de seguranza establecido para o acceso ás instalacións da biblioteca: desinfección de mas co xel hidroalcohólico, uso de máscara facial, etc.

Que servizos non estarán dispoñibles polo de agora e ata novo aviso?
- Ata novo aviso, non estará permitido o acceso e libre circulación para o público na sala infantil da biblioteca
Cal é o protocolo a seguir para acceder á biblioteca?
-
Como é lóxico, non poderán acudir ás bibliotecas as persoas que
presenten síntomas ou estean en illamento domiciliario debido a un
diagnóstico por COVID-19, ou que se atopen en período de corentena
domiciliaria por ter contacto estreito con algunha persoa con síntomas
ou diagnosticada de COVID-19.
- As/os usuarias/os deberán entrar nas instalacións preferentemente de xeito individual, agardando pola súa quenda no recibidor.
- No caso de crianzas menores de 14 anos deberán estar acompañadas por un adulto. Poderá
acudir só unha crianzas acompañadas por un adulto que se faga responsable dela.
- Pola súa seguranza, todas/os deben procurar manter unha distancia física de cando menos 1,5 m.
- Recomendamos acudir con máscara de protección facial, por se non fora posible manter a distancia de seguridade con outros usuarios. En caso de non dispor dela, poderase retirar unha no dispensador da entrada. Será de uso obrigatoria cando se manipulen os materiais da colección de libre acceso.
- Antes de entrar, as/os usuarias/os deberán desinfectar as mans empregando xel hidroalcohólico que atoparán nun dispensador colocado no recibidor da biblioteca para tal fin.
Que medidas hixiénicas e de seguridade tomamos na sala?
- Limpeza das instalacións da biblioteca.
- Todos os materiais e equipamentos pasaron por un período de corentena durante a duración do estado de alarma. Os documentos e materiais devoltos e aqueles de nova incorporación pasarán un período de illamento antes de ser incorporados á colección.
- O acceso ás instalacións permanecerá, na medida do posible, sempre libre de obstáculos. As portas permanecerán abertas para evitar que as persoas que accedan deban tocar os pomos. Tamén se garantirá a axeitada ventilación da sala.
- Despois de cada visita, desinfectarse o mostrador de atención ao público e os postos de lectura.
- Despois do uso das computadoras de acceso a Internet, realizarase a desinfección do posto. Porén, será preciso agardar un tempo entre cada sesión para proceder coa limpeza.
- Tomaranse todas as medidas de hixiene necesarias para garantir a seguridade das/os usuarias/os e do persoal laboral do centro.

0 comentarios :
Publicar un comentario