Biblioteca pública municipal de Brión

Estamos na Carballeira de Sta Minia dende 1989.

Un amplo espazo dominado pola luz

Sala xeral. Estudo, lectura e acceso a Internet.

Para os máis pequenos, un espazo de seu.

Sala infantil, cálida e luminosa.

Unha biblioteca aberta ás novas tecnoloxías

Acceso á información a través dos novos soportes dixitais.

Ven, entra e coñécenos

A biblioteca de todos e cada un.

mércores, 31 de xaneiro de 2018

IV Premio Literario Nortear: ampliación do prazo de presentación das obras

Froito da favorable acollida de anos anteriores, vense de convocar a IV Edición do Premio Literario Nortear - Novos Escritores Norte de Portugal – Galicia, que é unha iniciativa conxunta da Direção Regional de Cultura do Norte (Portugal), da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria – Xunta de Galicia (España) e da Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia - Norte de Portugal.
Dende esta biblioteca, coa finalidade de procurar a maior divulgación posible ao evento, achegamos o regulamento da convocatoria de dito premio para o ano 2018, e que poderán consultarse premendo na ligazón a pé de páxina.
Adiantamos que no certame poderán participar as persoas nacidas na Rexión Norte de Portugal ou Galicia, con idades comprendidas entre os 16 e os 36 anos. Serán admitidas a concurso todas as obras que teñan data de entrada no seguinte enderezo ata o 29 de xuño de 2018 (inclusive):
Agrupación Europea de cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal Edificio CETMAR,
Rúa Eduardo Cabello, s/n
36208 Bouzas-Vigo

Máis información

venres, 26 de xaneiro de 2018

Lembranza: modificación do horario de apertura os días 30 e 31 de xaneiro pola mañá

O martes 30 e o mércores 31 de xaneiro, a biblioteca municipal modifica o seu horario de apertura pola mañá. Nestas datas, o centro abrirá as súas portas de 10:00 a 13:30 h. 
Pola tarde, o horario de atención ao público será o habitual, de 16:00 a 22:00 h. 
Desculpas polas molestias ocasionadas e moitas grazas pola súa comprensión.

xoves, 18 de xaneiro de 2018

"La Mennulara" de Simonetta Agnello Hornby, nova lectura do club

Despois de ler a deliciosa “La librería ambulante” do norteamericano Christopher Morley regresamos á vella Europa para achegarnos á obra da escritora italiana Simonetta Agnello Hornby. Nesta ocasión o título escollido polo club é “La Mennulara”, unha novela que nos traslada a unha Sicilia de señores e os criados, e, ao seu ao redor, xente que, medorenta, rosma constantemente e cre saber «toda a verdade». Unha xente que xa non teme tanto aos poderosos de outrora como a esa nova lei do silencio que se impón cando asoma a fuxidía presenza da mafia.
O 23 de setembro de 1963, no pobo siciliano de Roccacolomba, falece a Mennulara, así chamada por ser na súa nenez unha fermosa recolledora de améndoas. O resto da súa vida, ata o día mesmo da súa morte, dedicouno a servir cunha lealdade case enfermiza aos adiñeirados señores Alfallipe. Pero como se explica que co tempo convertésese en administradora dos bens dos seus amos? E por que estes resístense nun principio a cumprir as súas últimas vontades? Na vila non tardan en desatarse os chisnaraos: uns maldina, outros venérena. Como pezas dun crebacabezas, esas voces van dando forma á imaxe fragmentada da Mennulara, para compoñer aos poucos o espléndido retrato dunha muller inesquecible.
Unha obra que comentaremos o vindeiro 7 de febreiro. Como de costume, ás 20:00 h. na biblioteca municipal.