HORARIO DE VERÁN: AGOSTO
Do 28 de xullo ao 31 de agosto, a biblioteca municipal
permanecerá pechada.
Volvemos o día 1 de setembro co horario do mes de xullo.
Un feliz verán cheo de boas lecturas!

xoves, 18 de xaneiro de 2018

"La Mennulara" de Simonetta Agnello Hornby, nova lectura do club

Despois de ler a deliciosa “La librería ambulante” do norteamericano Christopher Morley regresamos á vella Europa para achegarnos á obra da escritora italiana Simonetta Agnello Hornby. Nesta ocasión o título escollido polo club é “La Mennulara”, unha novela que nos traslada a unha Sicilia de señores e os criados, e, ao seu ao redor, xente que, medorenta, rosma constantemente e cre saber «toda a verdade». Unha xente que xa non teme tanto aos poderosos de outrora como a esa nova lei do silencio que se impón cando asoma a fuxidía presenza da mafia.
O 23 de setembro de 1963, no pobo siciliano de Roccacolomba, falece a Mennulara, así chamada por ser na súa nenez unha fermosa recolledora de améndoas. O resto da súa vida, ata o día mesmo da súa morte, dedicouno a servir cunha lealdade case enfermiza aos adiñeirados señores Alfallipe. Pero como se explica que co tempo convertésese en administradora dos bens dos seus amos? E por que estes resístense nun principio a cumprir as súas últimas vontades? Na vila non tardan en desatarse os chisnaraos: uns maldina, outros venérena. Como pezas dun crebacabezas, esas voces van dando forma á imaxe fragmentada da Mennulara, para compoñer aos poucos o espléndido retrato dunha muller inesquecible.
Unha obra que comentaremos o vindeiro 7 de febreiro. Como de costume, ás 20:00 h. na biblioteca municipal.

0 comentarios :

Publicar un comentario