Iniciamos unha nova lectura no club da man da escritora norteamericana Mary Karr, autora da novela “El club de los mentirosos” (1995), editada en España por Periférica & Errata Naturae en 2017.
Unha obra autobiográfica ambientada nunha localidade petroleira do leste de Texas, onde nos presenta uns personaxes tan singulares como divertidos: un pai bebedor, unha irmá que con doce anos plántalle cara a un shériff, unha nai cunha infinidade de matrimonios ás súas costas. Precisamente, será a nai, ese personaxe marabilloso, quen se converterá ao longo do libro na clave desta gran historia.
Éxito de vendas e crítica nos Estados Unidos, esta novela presenta un relato dunha infancia fóra do común, ambientado nos anos sesenta, tremendamente conmovedor pero desprovisto de sentimentalismos. Unha historia que imos descubrir para logo comentar na vindeira reunión do club.
Xuntarémonos para facelo o vindeiro 24 de abril ás 20:00 h. na biblioteca municipal.
Xuntarémonos para facelo o vindeiro 24 de abril ás 20:00 h. na biblioteca municipal.