Para conmemorar o 8 de marzo, data na que celebramos o Día Internacional da Muller, o Concello de Brión convida a toda a cidadanía a participar nunha concentración no exterior do Centro Social Polivalente, este venres ás 12 do mediodía.
Un acto para dar visibilidade e reivindicar os valores que soportan esta conmemoración que celebramos a nivel internacional. Un día para normalizar o resto do ano a participación social igualitaria da muller e o seu desenvolvemento integro como persoa.
O lugar escollido para facelo non é casual. Alí medra a figueira que en 2018 se converteu en símbolo das “mulleres medrando como árbores”; un slogan recuperado para esta ocasión que representa unha mensaxe de apoio as a todas as mulleres, para que se desenvolvan fortes, autónomas, ceibes e sen medo.
Asemade, dende a biblioteca municipal, convidamos a todas as usuarias e todos os usuarios do servizo a visitar o punto permanente de igualdade e deixar a súa mensaxe de apoio no muro da igualdade que o acompaña.