Por mor da crise sanitaria provocada pola COVID-19, dende o 14 de marzo aprazouse a celebración das habituais xuntanzas dos sábados pola mañá do Club Camaleón, unha actividade de animación á lectura dirixida a crianzas entre os 3 e os 8 anos de idade.
O Club Camaleón en formato presencial continúa adiado polo momento. Pero non queremos que as crianzas participantes perdan o contacto coa actividade mentres non poidamos pola de novo en marcha. De igual xeito que a biblioteca estivo activa nas redes durante o confinamento para manter o contacto coa cidadanía, desexamos que o Club Camaleón permaneza vivo grazas a Internet.
Por iso, o noso amigo David Orihuela de Mancuco Animación preparou uns vídeo que compartiremos convosco para manter viva a actividade, aínda que sexa a distancia e de xeito virtual. Aquí vai a primeira achega do Club Camaleón en desconfinamento. Un pequeno serán de animación virtual onde David nos fala da vella do Peto e o vello Sofío.
0 comentarios :
Publicar un comentario