Con motivo da Romaría de Santa Minia, que se celebra os días 26 e 27 de setembro, a BPM de Brión pechará as súas portas durante estes días tan sinalados, nos que a Carballeira de Santa Minia acolle unhas das festas con máis soa da comarca.
Os veciños e visitantes poderán gozar de dous días de celebracións cun ambiente festivo sen igual, que se prolonga dende a mañá ata a noite.
Ademais dos actos litúrxicos e a tradicional verbena, ao longo da xornada terán lugar actuacións musicais e teatrais na entorna da carballeira.
Consulta toda a información en: http://santaminia.blogspot.com.es/
0 comentarios :
Publicar un comentario