LEMBRANZA IMPORTANTE:
Do 26 ao 28 de setembro
A biblioteca de Brión
permanecerá pechada
con motivo da celebración
da Romaría de Sta. Minia

CATÁLOGOS


A biblioteca municipal dispón da xestión automatizada dos seus servizos dende hai anos. Pioneiros na comarca no uso de ferramentas informáticas para a catalogación e xestión do seu fondo, en 1998 comezou a empregar o programa Meiga 3 coa que iniciou o rexistro da totalidade dos materiais da colección, así coma a xestión informatizada do servizo de empréstito a domicilio. Posteriormente actualizaríase ao Meiga 2001 e Proxecto Meiga. Na actualidade a biblioteca municipal atópase integrada no sistema de xestión bibliográfica común da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia

O resultado é un Catálogo informatizado que nos permite procurar os libros por diferentes índices: título, autores, editoriais, series, materias, etc. Deste xeito, sabemos en todo momento os libros que temos e en que sección da biblioteca están localizados.

A utilización da nova plataforma de xestión da Rede de Bibliotecas de Galicia (KOHA) permítenos dispor do noso catálogo en Internet, para un acceso libre á consulta por parte dos usuarios dende calquera computadora conectada á Rede. Introducindo no navegador o seguinte enderezo: https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/, e tras seleccionar a biblioteca do Concello de Brión, accedemos á totalidade dos recursos deste centro, así como a varios servizos máis de valor engadido (reserva de exemplares, renovación de préstamos a domicilio, etc.)

ACCESO DIRECTO AO CATÁLOGO WEB DA BIBLIOTECA