Esta tarde, a Carballeira de Santa Minia en Brión acolleu a actuación do actor e animador Pedro Brandariz. Organizado pola biblioteca municipal co patrocinio do programa Ler conta moito da Rede de Bibliotecas de Galicia, Pedro presentou o seu espectáculo "Contos de Michos”, un serán de animación especialmente dirixido a crianzas de 4 a 12 anos e público familiar.
Brandariz narrou, coa axuda de varios albumes ilustrados, as venturas e desventuras de varios gatos (de aí o título) que pouco a pouco (e de moi diferentes maneiras) van descubrindo as súas capacidades e limitacións, aprendendo a aceptarse a si mesmos tal e como son.
A actuación, enmarcada dentro da programación de "Outubro, mes da biblioteca”, comezou pasadas as 18:00 h. e reuniu na Carballeira de Santa Minia, espazo no que fica a biblioteca municipal, a un total de 22 persoas, entre pequenas/os e adultos.
0 comentarios :
Publicar un comentario