luns, 5 de outubro de 2020

Os monicreques de Kukas regresan a Brión con Xan Perillán [Actividade de balde con inscrición previa]

O vindeiro 23 de outubro ás 18:00 h. Os Monicreques de Kukas regresan a Brión para presentar na Sala Municipal de Exposicións (Casa da Cultura) o espectáculo “Xan Perillán vai á biblioteca”.

Unha montaxe de monifates e maxia a cargo de Marcelino de Santiago “Kukas”, dirixido por Isabel Rey Pousada e patrocinado polo programa de dinamización lingüística FalaRedes.

Para participar neste serán de teatro de monicreques, só será necesario inscribirse previamente no tfno: 981 50 99 69 ou a través do correo electrónico da biblioteca. A entrada é de balde e o aforo estará limitado. Para garantir a seguridade e hixiene necesarias para que gocemos da cultura de xeito seguro deberemos respectar a distancia física entre persoas, hixiene de mans, uso de máscara facial, etc.

 cartel


 

0 comentarios :

Publicar un comentario