O sábado 24 de outubro celebramos o Día da biblioteca,
unha efeméride especialmente dirixida ao público infantil e novo. Unha
data na que queremos trasladar á cidadanía a importancia da biblioteca
como lugar de encontro de lectoras/es de todas as idades coa cultura e
coma instrumento de mellora da formación e convivencia. Pese ás limitacións impostas pola crise sanitaria, dende a
biblioteca municipal desexamos conmemorar este día tan especial cunha
serie de actividades de animación
A primeira delas terá lugar o venres 9 de outubro. O actor e animador Pedro Brandariz visitará Brión para presentar “Contos de Michos”, un espectáculo de narración oral, dirixida a crianzas de 4 a 12 anos, na
que Brandariz conta as venturas e desventuras de varios gatos que pouco a
pouco (e de moi diferentes maneiras) van descubrindo as súas
capacidades e limitacións, aprendendo a aceptarse a si mesmos tal e como
son.
O serán celebrarase na Sala Municipal de Exposición da Casa da Cultura (se fixera boa tarde, trasladaríase ao exterior da Carballeira de Santa Minia) ás 18:00 h., con entrada de balde e aforo limitado, para garantir as medidas de seguridade e
hixiene necesarias para que gocemos da cultura con
seguridade: distancia física entre persoas, hixiene de mans, uso de
máscara facial, etc. É necesaria inscrición previa que pode realizarse no tfno.: 981 50 99 69 ou a través do correo electrónico da biblioteca.
A actividade conta co patrocinio do programa Ler conta moito da Rede de Bibliotecas de Galicia.
0 comentarios :
Publicar un comentario