HORARIO DE VERÁN: AGOSTO
Dende o 27 de xullo ata o 31 de agosto
a biblioteca municipal permanecerá pechada.

Biblioteca pública municipal de Brión

Estamos na Carballeira de Sta Minia dende 1989.

Un amplo espazo dominado pola luz

Sala xeral. Estudo, lectura e acceso a Internet.

Para os máis pequenos, un espazo de seu.

Sala infantil, cálida e luminosa.

Unha biblioteca aberta ás novas tecnoloxías

Acceso á información a través dos novos soportes dixitais.

Ven, entra e coñécenos

A biblioteca de todos e cada un.

Amosando publicacións coa etiqueta día da biblioteca 2020. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta día da biblioteca 2020. Amosar todas as publicacións

sábado, 17 de outubro de 2020

Atopamos en Brión "O tesouro da avoa" da man de Os Quinquilláns

Os Quinquilláns
presentaron esta mañá en Brión o seu espectáculo “O tesouro da avoa”, nun serán organizado pola biblioteca municipal. A actuación formou parte da programación de actividades para conmemorar o “Día das bibliotecas” que vai celebrarse o vindeiro 24 de outubro.
 
Os actores Lucho Penabade e Tero Rodríguez foron os protagonistas dunha función para toda a familia que nos narrou a historia de Jacinta, unha muller intelixente e feliz que traballaba de mestra nunha escola na que se aprendía xogando e se xogaba aprendendo. Tiña canto quería; casa, familia, amigas, traballo… Pero veu a guerra e quitáronllo case todo. Tivo que fuxir para moi lonxe, mais conseguiu levar escondido un tesouro segredo que moitos anos despois entregou ás súas netas.
 
Aínda que a inscrición previa na actividade foi maior, ao evento acudiron finalmente un total de 8 persoas, entre crianzas e adultos acompañante. Comezou pasadas as 12:00 h. e prolongouse aproximadamente durante 50 min.
 
A sesión contou co patrocinio do programa “Ler conta moito” da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Imaxes da actuación:



 

Concerto de Música Miúda para conmemorar o Día das bibliotecas [Actividade de balde-Inscrición previa]

O sábado 24 de outubro celebramos o Día da biblioteca, unha efeméride especialmente dirixida ao público infantil e novo. Unha data na que queremos trasladar á cidadanía a importancia da biblioteca como lugar de encontro de lectoras/es de todas as idades coa cultura e coma instrumento de mellora da formación e convivencia.
 
Para conmemorar esta data tan especial, a biblioteca municipal convídate a un concerto a cargo dos amigos de Música Miúda. O recital comezará ás 12:00 h. Durante aproximadamente 50 min, coñeceremos as cancións de “Bemol Pequeno”, “Vén bailar e cantar coa meiga Xela”, ”O dinosauro Pepón”, etc. Un espectáculo de música para toda a familia!
 
En principio, celebraranse na Sala Municipal de Exposicións (Casa da Cultura). Se o tempo o permitise, trasladaranse ao exterior da Carballeira de Santa Minia. A entrada é de balde, con aforo limitado e inscrición previa no tfno.: 981 50 99 69 ou a través dos enderezos de correo electrónico da biblioteca
 
Por mor da crise sanitaria, tomaranse todas as medidas de seguridade e hixiene necesarias para garantir que todas/os gocemos da cultura con seguridade: distancia física entre persoas, hixiene de mans, uso de máscara facial, etc. Porque #aculturasegue e #aculturaesegura, en outubro as bibliotecas celebraremos o noso día. Como en calquera aniversario, agora só faltas ti para conmemoralo
 
Este espectáculo conta co patrocinio do programa "Ler conta moito" da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Cartel:


 

 
 
 

xoves, 15 de outubro de 2020

Día das bibliotecas 2020: bibliotecas, sempre ao teu carón

O día 24 de outubro celebramos o Día das bibliotecas 2020. Unha efeméride especialmente dedicada ao público infantil e novo. Unha data na que queremos trasladar á cidadanía a importancia da biblioteca como lugar de encontro de lectoras/es de todas as idades coa cultura e coma instrumento de mellora da formación e convivencia.
A edición deste ano, e baixo o lema “Bibliotecas, sempre ao teu carón” céntrase en destacar o importante papel que xogan as bibliotecas ofrecendo acceso á cultura, ao coñecemento e ao entretemento en calquera lugar e circunstancia. Especialmente na actual situación, cando vimos de vivir un longo confinamento e continuamos a loitar para superar unha crise sanitaria onde o acceso á cultura e á información veraz e de calidade toman especial sentido e importancia.
As bibliotecas, independentemente da súa tipoloxía ou titularidade, continuamos a ofrecer os nosos servizos en circunstancias tan complexas como as derivadas desta situación. Algo que se fixo con esforzo, adaptándonos ás novas necesidades dos usuarios para continuar desenvolvendo o traballo a través da redes, mesmo dende a casa.
Este ano, e pese ás limitacións impostas pola crise sanitaria, dende a biblioteca municipal desexamos conmemorar este día tan especial cunha serie de actividades de animación que celebraremos ao longo do mes de outubro. Baixo o lema “Celebramos o mes da biblio”, a biblioteca convídavos a participar en tres espectáculos pensados especialmente para as crianzas e novos e dirixidos a toda a familia. Podes consultar a programación premendo aquí. Feliz días das bibliotecas! 

Cartel conmemorativo:


 

luns, 5 de outubro de 2020

'Contos de Michos' con Pedro Banzariz para celebrar o mes das bibliotecas [Actividade de balde con inscrición previa]

O sábado 24 de outubro celebramos o Día da biblioteca, unha efeméride especialmente dirixida ao público infantil e novo. Unha data na que queremos trasladar á cidadanía a importancia da biblioteca como lugar de encontro de lectoras/es de todas as idades coa cultura e coma instrumento de mellora da formación e convivencia. Pese ás limitacións impostas pola crise sanitaria, dende a biblioteca municipal desexamos conmemorar este día tan especial cunha serie de actividades de animación

A primeira delas terá lugar o venres 9 de outubro. O actor e animador Pedro Brandariz visitará Brión para presentar “Contos de Michos”, un espectáculo de narración oral, dirixida a crianzas de 4 a 12 anos, na que Brandariz conta as venturas e desventuras de varios gatos que pouco a pouco (e de moi diferentes maneiras) van descubrindo as súas capacidades e limitacións, aprendendo a aceptarse a si mesmos tal e como son.
 
O serán celebrarase na Sala Municipal de Exposición da Casa da Cultura (se fixera boa tarde, trasladaríase ao exterior da Carballeira de Santa Minia) ás 18:00 h., con entrada de balde e aforo limitado, para garantir as medidas de seguridade e hixiene necesarias para que gocemos da cultura con seguridade: distancia física entre persoas, hixiene de mans, uso de máscara facial, etc. É necesaria inscrición previa que pode realizarse no tfno.: 981 50 99 69 ou a través do correo electrónico da biblioteca.
 
A actividade conta co patrocinio do programa Ler conta moito da Rede de Bibliotecas de Galicia. 

Cartel


martes, 29 de setembro de 2020

En outubro, queremos celebrar o mes da biblioteca contigo

O 24 de outubro celebramos o Día da biblioteca, unha efeméride especialmente dedicada ao público infantil e novo. Unha data na que queremos trasladar á cidadanía a importancia da biblioteca como lugar de encontro de lectoras/es de todas as idades coa cultura e coma instrumento de mellora da formación e convivencia.
 
Este ano, e pese ás limitacións impostas pola crise sanitaria, dende a biblioteca municipal desexamos conmemorar este día tan especial cunha serie de actividades de animación que celebraremos ao longo do mes de outubro. Baixo o lema “Celebramos o mes da biblio”, a biblioteca convídavos a participar en tres espectáculos pensados especialmente para as crianzas e novos e dirixidos a toda a familia.
 
 
A programación comeza o venres 9 de outubro ás 18:00 h. coa actuación de Pedro Brandariz que presenta en Brión “Contos de Michos”. Unha montaxe de narración oral, dirixida a crianzas de 4 a 12 anos, na que Brandariz conta as venturas e desventuras de varios gatos que pouco a pouco (e de moi diferentes maneiras) van descubrindo as súas capacidades e limitacións, aprendendo a aceptarse a si mesmos tal e como son.
O sábado 17, ás 12:00 h., Os Quinquilláns, con Lucho Penabade e Tero Rodríguez, presentarán “O tesouro da Avoa”, unha función para toda a familia que nos narra a historia de Jacinta, unha muller intelixente e feliz. Traballaba de mestra nunha escola na que se aprendía xogando e se xogaba aprendendo. Tiña canto quería; casa, familia, amigas, traballo… Pero veu a guerra e quitáronllo case todo. Tivo que fuxir para moi lonxe, mais conseguiu levar escondido un tesouro segredo que moitos anos despois entregou ás súas netas.
 
 
A programación rematará o 24 de outubro, Día da biblioteca, cun concerto a cargo dos amigos de Música Miúda que comezará ás 12:00 h. Durante aproximadamente 50 min, coñeceremos as cancións de “Bemol Pequeno”, “Vén bailar e cantar coa meiga Xela”, ”O dinosauro Pepón”, etc. Un espectáculo de música para toda a familia!
 
 
 
En principio, todas as actuacións celebraranse na Sala Municipal de Exposicións. Se o tempo o permitise, trasladaranse ao exterior da Carballeira de Santa Minia. A entrada é de balde, con aforo limitado e inscrición previa no tfno.: 981 50 99 69 ou a través dos enderezos de correo electrónico da biblioteca. Todos os espectáculos contan co patrocinio do programa "Ler conta moito" da Rede de Bibliotecas de Galicia.
 
Por mor da crise sanitaria, tomaranse todas as medidas de seguridade e hixiene necesarias para garantir que todas/os gocemos da cultura con seguridade: distancia física entre persoas, hixiene de mans, uso de máscara facial, etc. Porque #aculturasegue e #aculturaesegura, en outubro as bibliotecas celebraremos o noso día. Como en calquera aniversario, agora só faltas ti para conmemoralo. Anímaste a participar?