O sábado 24 de outubro celebramos o Día da biblioteca, unha efeméride especialmente dirixida ao público infantil e novo. Unha data na que queremos trasladar á cidadanía a importancia da biblioteca como lugar de encontro de lectoras/es de todas as idades coa cultura e coma instrumento de mellora da formación e convivencia.
Para conmemorar esta data tan especial, a biblioteca municipal convídate a un concerto a cargo dos amigos de Música Miúda. O recital comezará ás 12:00 h. Durante aproximadamente 50 min, coñeceremos as cancións de “Bemol Pequeno”, “Vén bailar e cantar coa meiga Xela”, ”O dinosauro Pepón”, etc. Un espectáculo de música para toda a familia!
En principio, celebraranse na Sala Municipal de Exposicións (Casa da Cultura). Se o tempo o permitise, trasladaranse ao exterior da Carballeira de Santa Minia. A entrada é de balde, con aforo limitado e inscrición previa no tfno.: 981 50 99 69 ou a través dos enderezos de correo electrónico da biblioteca.
Por mor da crise sanitaria, tomaranse todas as medidas de seguridade e
hixiene necesarias para garantir que todas/os gocemos da cultura con
seguridade: distancia física entre persoas, hixiene de mans, uso de
máscara facial, etc.
Porque #aculturasegue e #aculturaesegura, en outubro as bibliotecas
celebraremos o noso día. Como en calquera aniversario, agora só faltas
ti para conmemoralo
Este espectáculo conta co patrocinio do programa "Ler conta moito" da Rede de Bibliotecas de Galicia.
0 comentarios :
Publicar un comentario