Biblioteca pública municipal de Brión

Estamos na Carballeira de Sta Minia dende 1989.

Un amplo espazo dominado pola luz

Sala xeral. Estudo, lectura e acceso a Internet.

Para os máis pequenos, un espazo de seu.

Sala infantil, cálida e luminosa.

Unha biblioteca aberta ás novas tecnoloxías

Acceso á información a través dos novos soportes dixitais.

Ven, entra e coñécenos

A biblioteca de todos e cada un.

Amosando publicacións coa etiqueta Pedro Brandariz. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Pedro Brandariz. Amosar todas as publicacións

venres, 8 de outubro de 2021

Pedro Brandariz converteuse por un día no noso "Médico de familia"

Este venres celebrouse o segundo serán de animación da programación especial “Outubro, mes das bibliotecas”. Un espectáculo protagonizado polo doutor Pedro Brandariz, que durante 60 minutos se converteu no noso “Médico de familia”.

Pedro presentou en Brión esta actividade de animación onde describe os novos modelos familiares, sempre dende unha visión cómica e contando co apoio de libros como “Con Tango son tres” ou “O libro dos porcos”.

A sesión de animación, organizada pola biblioteca municipal co patrocinio do programa “Ler conta moito” da Rede de Bibliotecas de Galicia, asistiron corenta persoas, entre nais/pais e crianzas. Un público familiar que gozou do espectáculo respectando en todo momento as directrices e recomendacións sanitarias en vigor, fieis á filosofía de que, con sentidiño, a cultura é segura. 

O vindeiro venres, a sala municipal de exposicións acollera un novo serán a cargo de "Pakolas" que vai presentar o sei espectáculo musical "Ramona Órbita" .

Imaxes do espectáculo:


xoves, 30 de setembro de 2021

Pedro Brandariz vai ser o noso ''Médico de familia''

O venres 8 de outubro vai celebrarse na sala de exposicións municipal (baixo da Casa da Cultura) un novo espectáculo de animación para celebrar que outubro é o mes das bibliotecas. Unha programación especial que achegará a toda a veciñanza, cada ventes do mes, unha actividade relacionada co libro e a lectura.

Neste caso será Pedro Brandariz quen presente en Brión o seu espectáculo "Médico de familia", unha actividade que nos describe os novos modelos familiares, sempre dende unha visión cómica e contando co apoio de libros como “Con Tango son tres” ou “O libro dos porcos”.

Se desexas asistir ao serán de animación, lembra que comezará as 18:00 h. no mencionado espazo. Poderás facelo de xeito gratuíto, con reserva previa de entrada na biblioteca municipal a través do correo electrónico bibliotecadebrion@briondixital.org ou chamando ao número de tfno. 981 50 99 69. As localidades asignaranse por orde de inscrición ata completar o aforo.

En todos os espectáculos, respectaranse as normas ditadas polas autoridades sanitarias para garantir a seguridade das persoas asistentes. Por iso, será obrigatorio o uso de máscara, a hixienización de mans con xel hidroalcólico na entrada e permanecer sentados en cadansúa cadeira mantendo a distancia de seguridade entre persoas que non convivan.

venres, 9 de outubro de 2020

Os michos de Pedro Brandariz visitaron a biblioteca

Esta tarde, a Carballeira de Santa Minia en Brión acolleu a actuación do actor e animador Pedro Brandariz. Organizado pola biblioteca municipal co patrocinio do programa Ler conta moito da Rede de Bibliotecas de Galicia, Pedro presentou o seu espectáculo "Contos de Michos”, un serán de animación especialmente dirixido a crianzas de 4 a 12 anos e público familiar.
 
Brandariz narrou, coa axuda de varios albumes ilustrados, as venturas e desventuras de varios gatos (de aí o título) que pouco a pouco (e de moi diferentes maneiras) van descubrindo as súas capacidades e limitacións, aprendendo a aceptarse a si mesmos tal e como son.
 
A actuación, enmarcada dentro da programación de "Outubro, mes da biblioteca”, comezou pasadas as 18:00 h. e reuniu na Carballeira de Santa Minia, espazo no que fica a biblioteca municipal, a un total de 22 persoas, entre pequenas/os e adultos.

Imaxes da actuación:



 

 
 

luns, 5 de outubro de 2020

'Contos de Michos' con Pedro Banzariz para celebrar o mes das bibliotecas [Actividade de balde con inscrición previa]

O sábado 24 de outubro celebramos o Día da biblioteca, unha efeméride especialmente dirixida ao público infantil e novo. Unha data na que queremos trasladar á cidadanía a importancia da biblioteca como lugar de encontro de lectoras/es de todas as idades coa cultura e coma instrumento de mellora da formación e convivencia. Pese ás limitacións impostas pola crise sanitaria, dende a biblioteca municipal desexamos conmemorar este día tan especial cunha serie de actividades de animación

A primeira delas terá lugar o venres 9 de outubro. O actor e animador Pedro Brandariz visitará Brión para presentar “Contos de Michos”, un espectáculo de narración oral, dirixida a crianzas de 4 a 12 anos, na que Brandariz conta as venturas e desventuras de varios gatos que pouco a pouco (e de moi diferentes maneiras) van descubrindo as súas capacidades e limitacións, aprendendo a aceptarse a si mesmos tal e como son.
 
O serán celebrarase na Sala Municipal de Exposición da Casa da Cultura (se fixera boa tarde, trasladaríase ao exterior da Carballeira de Santa Minia) ás 18:00 h., con entrada de balde e aforo limitado, para garantir as medidas de seguridade e hixiene necesarias para que gocemos da cultura con seguridade: distancia física entre persoas, hixiene de mans, uso de máscara facial, etc. É necesaria inscrición previa que pode realizarse no tfno.: 981 50 99 69 ou a través do correo electrónico da biblioteca.
 
A actividade conta co patrocinio do programa Ler conta moito da Rede de Bibliotecas de Galicia. 

Cartel