Debido ao cambio de provedor da plataforma tecnolóxica que sustenta eBiblio (a plataforma de préstamo dixital en Lingua castelá incluída en Galicia Le), dende o Ministerio de Cultura y Deporte comunícannos que é posible que algún dos servizos se vexan interrompidos en todas as CC.AA, parcial ou totalmente, a partir do 26 de novembro.
Así mesmo, o Ministerio ven de informarnos de que durante o 7 e o 8 de decembro, a plataforma non estará en funcionamento. O restablecemento de todos os servizos web, así como a dispoñibilidade da nova app, están previstos para o 9 de decembro.
Por outra banda, lembrar tamén que o catálogo galego de préstamo electrónico continuará operativo con normalidade.
0 comentarios :
Publicar un comentario