Biblioteca pública municipal de Brión

Estamos na Carballeira de Sta Minia dende 1989.

Un amplo espazo dominado pola luz

Sala xeral. Estudo, lectura e acceso a Internet.

Para os máis pequenos, un espazo de seu.

Sala infantil, cálida e luminosa.

Unha biblioteca aberta ás novas tecnoloxías

Acceso á información a través dos novos soportes dixitais.

Ven, entra e coñécenos

A biblioteca de todos e cada un.

Amosando publicacións coa etiqueta préstamo dixital. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta préstamo dixital. Amosar todas as publicacións

xoves, 26 de novembro de 2020

Lembranza importante sobre a plataforma de préstamo dixital eBiblio Galicia (GaliciaLe)

Debido ao cambio de provedor da plataforma tecnolóxica que sustenta eBiblio (a plataforma de préstamo dixital en Lingua castelá incluída en Galicia Le), dende o Ministerio de Cultura y Deporte comunícannos que é posible que algún dos servizos se vexan interrompidos en todas as CC.AA, parcial ou totalmente, a partir do 26 de novembro.

Así mesmo, o Ministerio ven de informarnos de que durante o 7 e o 8 de decembro, a plataforma non estará en funcionamento. O restablecemento de todos os servizos web, así como a dispoñibilidade da nova app, están previstos para o 9 de decembro.

Por outra banda, lembrar tamén que o catálogo galego de préstamo electrónico continuará operativo con normalidade.