HORARIO DE VERÁN: AGOSTO
Do 28 de xullo ao 31 de agosto, a biblioteca municipal
permanecerá pechada.
Volvemos o día 1 de setembro co horario do mes de xullo.
Un feliz verán cheo de boas lecturas!

martes, 10 de novembro de 2020

Lembranza importante: Confinamentos perimetrais, devolucións e renovación de préstamos


Ao abeiro dos protocolos establecidos pola Rede de Bibliotecas de Galicia, as persoas afectadas polos confinamentos perimetrais no relativo a préstamos, reservas ou préstamos interbibliotecarios deben poñerse en contacto coa  biblioteca para solucionar este problema.

Por tanto, no caso de non poder achegarte á biblioteca e ter en préstamo materiais do noso centro que se atopen fóra de prazo de devolución ou a piques de vencer, por favor, contacta connosco a través dos medios habituais, por teléfono ou correo electrónico.

Moitas grazas pola vosa atención.

0 comentarios :

Publicar un comentario