LEMBRANZA IMPORTANTE:
Con motivo do adianto na hora do toque
de queda, a biblioteca municipal
pechará as súas portas ás 21:30 h.

luns, 7 de decembro de 2020

Horario da biblioteca no Nadal 2020

Como é costume no Nadal, a biblioteca pública municipal de Brión vai modificar o seu horario de apertura nestas tan sinaladas datas. Este ano, por necesidades do servizo, adiantamos ao día 14 de decembro a entrada en vigor dos cambios horarios previstos, que quedan como segue:

Do 14 ao 23 de decembro, o horario de apertura de luns a venres vai ser:

- Mañás, de 10:00 a 13:00 h.
- Tardes, de 16:00 a 20:30 h.

Do 28 de decembro ao 8 de xaneiro, o horario de apertura de luns a venres será o seguinte:

- Mañás, de 10:00 a 13:00 h.
- Tardes, de 16:00 a 20:00 h.

Ademais dos días festivos, 25 de decembro e 1 e 6 de xaneiro, o centro permanecerá pechado todos os sábados ata o 10 de xaneiro (incluído). Tamén os días 24 e 31 de decembro e 5 de xaneiro.

Moitas grazas e desculpen as molestias.
FELICES FESTAS E VENTUROSO 2021!! 

CALENDARIO DE NADAL: