venres, 7 de xuño de 2019

"Un destripador de antaño y otros cuentos" de Emilia Pardo Bazán, vindeira lectura do club.

Despois de ler a obra gañadora do I Premio Laudamuco para textos teatrais, achegamos agora á narrativa dunha das grandes autoras galegas de todos os tempos. Falamos de Emilia Pardo Bazán e os seus relatos e contos literarios recompilados na obra “Un destripador de antaño y otros cuentos”, publicado por Alianza Editorial.
Unha linguaxe audaz, unhas situacións de enorme crueza que foron criticadas na época pero que co paso do tempo son percibidas, con unanimidade, como de gran expresividade lírica e valor narrativo. Uns relatos de temática variada que presentan a sordidez e o primitivismo do mundo rural, a instrumentalización das relacións familiares, a barbarie dos celos, a fugacidade dos sentimentos, etc.
Unha lectura que nos aproxima á obra de Emilia Pardo Bazán, escritora coruñesa en lingua castelá, intelectual, xornalista, crítica literaria, narradora e rexionalista galega que triunfou na literatura española como escritora e como figura pública.
Para comentala, reunirémonos o vindeiro 26 de xuño na biblioteca municipal ás 20:00 h.

0 comentarios :

Publicar un comentario