Os días 19, 20 e 21 de xuño regresan os Encontros coa Arte, unas
xornadas de creación e convivencia artística que este ano celebran a súa
décima edición. Coa inspiración das paisaxes brionesas e a lembranza
dunha figura das nosas letras, os encontros reunirán en Brión durante a
fin de semana a vinte e oito artistas plásticos procedentes de toda
España.
Este ano, o escritor homenaxeado vai ser o escritor Manuel María, un autor comprometido política e socialmente coa cultura galega. O seu legado estará presente durante os encontros en diversas actividades, entra as que destaca a exposición “Manuel María, a palabra viva”. Unha mostra cedida pola “Fundación Manuel María de Estudos Galegos” que poderá visitarse no Centro Social dende o 20 de xuño ata o 26 de xullo .
Os pintores comezarán co seu primeiro obradoiro de pintura do natural o venres 19 de xuño ás 16:00 horas na entorna de Fonteparedes, na parroquia de Ons. Alí traballarán nos seus lenzos ata as 19:00 h., nunha oportunidade única, aberta a toda a cidadanía, para gozar en vivo do proceso creativo e artístico que conduce á realización dunha obra de arte.
Ese mesmo día, ás 20:30 h., comezará no espazo multiusos do Centro Social o concerto “A lúa prendeu a luz” a cargo do grupo “Puntadas sen fío”, formado pola vocalista Xiana Lastra, o encargado da percusión Juan Collazo e o saxofonista Roberto Rama. A entrada será libre ata completar aforo.
Inmediatamente despois, inaugurarase na Sala de Exposicións Municipal de Brión (Casa da Cultura) a exposición das obras doadas polos artistas participantes no VIII Encontro coa Arte, “Lembrando a Roberto Vidal Bolaño”, celebrado en xuño de 2013.
O sábado 20 e o domingo 21, os artistas retomarán os seráns de pintura ao aire libre abertos a todos os veciños. O primeiro día poderemos atopalos na entorna da Igrexa parroquial de Sta. María de Viceso de 10:00 a 13:30 h. O domingo, no mesmo horario, ficarán pintando no Paseo do Río Pego.
Paralelamente ás xornadas, a Sala de Exposicións Municipal da Casa da Cultura acollerá un “Mercado da Arte”, que estará aberto o sábado de 10:00 a 14:00 h. e 16:30 a 21:30 h. O domingo volverá abrir de 10:00 a 14:00 h.

0 comentarios :
Publicar un comentario