HORARIO DE VERÁN: XULLO
Dende o día 1 de xullo a biblioteca municipal abre:
Mañás: 10:00 - 13:00 h.
Tardes: 16:00 - 19:00 h.
De luns a venres

luns, 25 de maio de 2026

Club de lectura: "Mesa para dos" de Amor Towles

Despois de ler a última novela da escritora e xornalista galega Marta Villar, cruzamos o Atlántico ata os Estados Unidos para reencontrarnos cun vello coñecido, o novelista Amor Towles. Un autor que nos deixara unha grata lembranza tras ler “Un caballero en Moscú”, a súa segunda novela. De 2024 é “Mesa para dos, un libro que seduce pola súa elegancia, humor e enxeño narrativo.

A obra contén seis relatos que transcorren en New York do cambio de milenio e unha novela curta ambientada na Idade de Ouro de Hollywood. Aparentemente inconexas, todas estas historias presentan un momento crítico en que dúas persoas deben sentarse a unha mesa para abordar asuntos tan universais como a procura da felicidade, o poder do diñeiro ou a subversión das normas sociais.

Con esta lectura pecharemos a actual temporada do club. Unha actividade que retomaremos en outono, despois do habitual parón estival.

0 comentarios :

Publicar un comentario