luns, 18 de maio de 2026

Ampliamos o horario de apertura da biblioteca pola mañá

Por petición das persoas usuarias, a biblioteca municipal ampliará polas mañás o tempo de apertura da sala de estudo. Durante os meses de maio e xuño, o horario de mañá da biblioteca será de 9:00 a 13:30 h. Pola tarde, o centro permanecerá aberto no horario habitual, de 16:30 a 21:00 h.

Dende as 9:00 ás 10:30 h. o centro funcionará exclusivamente como sala de estudo, e non estará operativo o servizo de préstamo a domicilio. Aquelas persoas que desexen utilizar as salas de estudo, deberán antes dirixirse á Casa da Cultura para comunicalo. A ampliación do horario comezará a aplicarse a partir do mércores 20 de maio.

Aproveitamos tamén para informar que, como ven sendo habitual na biblioteca municipal, o horario de verán do centro comezará a partir do 1 de xullo.

0 comentarios :

Publicar un comentario