Trala pausa estival, en breve regresa ao programa de actividades da biblioteca o Club de lectura (adultos). Unha actividade de dinamización dirixida a maiores de 16 anos con gañas de compartir experiencias lectoras con outras persoas.
Funcionamento da actividade
Tras a lectura dunha obra literaria en lingua galega ou castelá (de xeito alterno), realizaremos unha xuntanza na biblioteca para unha posta en común das nosas experiencias lectoras. Unha reunión na que, máis alá da obra literaria, os libros e a lectura serven de fío condutor para a análise e a reflexións sobre diversos temas de actualidade.
Inscrición na actividade
Para inscribirte no club de lectoras/es da biblioteca só é preciso que che guste ler (ou que queiras iniciarte neste enriquecedor hábito) e que lle dediques un pouco do teu tempo de lecer ás xuntanzas periódicas que faremos.
Se precisas máis información ou queres inscribirte na actividade, por favor, diríxete á biblioteca a través do correo electrónico ou chama ao tfno. 981 50 99 69.
0 comentarios :
Publicar un comentario