mércores, 25 de xuño de 2025

Horario de verán da biblioteca municipal

A biblioteca municipal de Brión adapta as horas de apertura á temporada estival. Se no mes de xuño o horario de apertura do centro é o habitual do resto do ano, en xullo e agosto teremos cambios significativos. 

Horario do centro no mes de xullo:
Dende o día 1 e ata o 24 de xullo, a biblioteca prestará os seus servizos no seguinte horario:

Luns a venres:
Mañás: de 10:00 a 13:00 horas.
Tardes: de 16:00 a 19:00 horas.


Horario da biblioteca en agosto:

Dende o día 26 de xullo ata o 31 de agosto, a biblioteca municipal permanecerá pechada. O centro retomará a actividade a partires do luns 1 de setembro.

Unha lembranza importante, os préstamos, nos que a data de devolución coincida co período de peche, poderán ser entregados o día 1 de setembro.