HORARIO DE VERÁN: AGOSTO
Do 28 de xullo ao 31 de agosto, a biblioteca municipal
permanecerá pechada.
Volvemos o día 1 de setembro co horario do mes de xullo.
Un feliz verán cheo de boas lecturas!

venres, 16 de maio de 2025

POLDRA Literatura Expandida: encontro literario co poeta mexicano Manuel Becerra

A biblioteca municipal de Brion únese ao programa POLDRA: Literatura Expandida, unha iniciativa que nace na Residencia Literaria 1863 promovido pola Área de Cultura da Deputación da Coruña.

POLDRA leva escritores e escritoras de fóra de Galicia ata clubs de lectura, bibliotecas, espazos culturais e centros de ensino que se nutren da súa experiencia, proceso creativo ou mostras literarias.

O vindeiro xoves 22 de maio, a partir das 20:00 h., manteremos un interesante encontro co poeta e mestre de escritura creativa mexicano Manuel Becerra. Autor de oito libros de poesía cos que obtivo amplo recoñecemento: “Estética de los objetos aislados” (Premio Internacional de Poesía Jaime Sabines 2024), “Los trabajos de la luz no usada” (Certamen Nacional de Literatura Laura Méndez de Cuenca 2020) e “Instrucciones para matar un caballo” (Premio Nacional de Poesía Ramón López Velarde 2011), entre outros.

0 comentarios :

Publicar un comentario