luns, 12 de maio de 2025

Maio, mes das nosa Letras; mes da poesía popular oral tradicional

Maio é o mes das nosas Letras, cando celebramos o Día das Letras Galegas, unha efeméride dedicada este ano á poesía oral popular galega e a tradición musical ligada ás cantareiras e pandereteiras do país.

Un ano máis, o Concello de Brión preparou, a través do Departamento de Cultura e da biblioteca municipal, unha programación especial de actividades para conmemorar o 17 de maio, que se vai estender dende do día nove deste mes ata o seis de xuño.

Un programa que podemos consultar polo miúdo visitando a páxina web municipal a través desta ligazón. Nel están incluídas actividades organizadas ou nas que colabora a biblioteca municipal.

Presentación bibliográfica/encontro literario


O día 5 de xuño, a Sala Municipal de Exposicións (Casa da Cultura) acollerá a presentación do libro “Fermosas: cantigas de amigo e de amor” do grupo Barahúnda (Helena de Alfonso e José Lara Gruñeiro), publicado pola editorial Toxosoutos.

Unha publicación, con códigos QR para descargas as cancións, que xira arredor da lírica medieval galaico-portuguesa, concretamente as cantigas de amor e amigo. Un artefacto musical, literario e divulgativo proxectado, na súa orixe, como un disco temático que reunise as cantigas que o grupo foi creando a través dos anos.

O serán iniciarase ás 20:00 h. no espazo indicado, con acceso libre ata completar a capacidade do local.

“Cantaruxa, Caruxa”: Un contacontos de Aida Cobas

A actriz Aida Cobas presentará en Brión o espectáculo de narración oral “Cantaruxa, Catuxa”. Un achegamento  ao noso patrimonio inmaterial custodiado polas nosas persoas maiores, especialmente as mulleres que preservaron e transmitiron a nosa poesía tradicional oral.

O serán celebrarase na Sala Municipal de Exposicións o venres 6 de xuño ás 18:00 h., con acceso libre ata completar a capacidade do local. Se o desexas, podes reservar a túa localidade a través deste formulario web.

Esta actividade está patrocinada polo programa Ler conta moito da Rede de Bibliotecas de Galicia.

0 comentarios :

Publicar un comentario