HORARIO DE VERÁN: AGOSTO
Do 28 de xullo ao 31 de agosto, a biblioteca municipal
permanecerá pechada.
Volvemos o día 1 de setembro co horario do mes de xullo.
Un feliz verán cheo de boas lecturas!

venres, 23 de maio de 2025

O poeta mexicano Manuel Becerra visita a biblioteca municipal

O xoves 22 de maio, a biblioteca municipal recibiu a visita do poeta mexicano Manuel Becerra, quen mantivo un encontro literario tan enriquecedor como inspirador coas persoas integrantes do club de lectura. Foi un serán cheo de palabras e reflexións, que deu comezo ás 20:00 h. e se prolongou durante preto de hora e media.

Esta visita enmárcase no proxecto "Poldra: Literatura Expandida", unha iniciativa que busca achegar a literatura de autoras e autores de diferentes recunchos do mundo aos municipios da provincia. O programa está promovido pola Residencia Literaria 1863 e pola Deputación da Coruña, coa participación da biblioteca municipal de Brión.




0 comentarios :

Publicar un comentario