O Día das Letras Galegas deste ano homenaxeará a Florencio Delgado Gurriarán. Escritor e militante galeguista que trala fin da Guerra Civil tivo que exiliarse a México, país onde se establecería definitivamente.
Actividades programadas:
Día 16 maio.- Cerimonia de entrega do IV Premio Laudamuco para textos teatrais a Paula Carballeira.
Sala Municipal de Exposición. 20:30 h.
Día 19 maio.- Presentación en Brión do libro “Rastros” de Roberto Vidal Bolaño.
Sala Municipal de Exposicións. 20:30 h.
A cargo de Paco Macías de Edicións Positivas e Lois Blanco Araúxo (director teatral).
Día 21 maio.- A Compañía Coproducións Condetrespés presenta “Rastros"
20:00 h. Centro Social Polivalente.
Sinopse: Santiago de Compostela. Finais do século XX. Esther agoniza no hospital. Tres homes, seguramente os máis importantes da súa vida, relembran momentos que compartiron con ela, apunto de cumprir os 30 anos. Iago, Moncho e Xan están no mesmo espazo, están na cabeza dela a punto de marchar. A viaxe dos recordos é un punto de encontro duns amigos que compartiron case todo, agás evolucionar
Día 28 maio.- VII Andaina Terras de Altamira
Día 28 maio.- Fegateatro. Centro Social Polivalente. 20:00 h.
Disfunción Continua Teatro de A Estrada presenta “Departamento de selección”
Drama. Maiores de 16 anos
Sinopse: Este espectáculo, dirixido a un público maior de 16 anos, presenta varias personaxes que aceptan participar nun xogo cruel e perverso, onde manifestan o seu cinismo, egoísmo, intolerancia e falta de empatía.
O público, xunto coas personaxes, debe decidir ata onde chega a verdade e onde comeza o truco. O espectador poderá reflexionar sobre o comportamento humano e os valores da sociedade de mercado en que vivimos. A obra, que alterna momentos máis divertidos con outros máis dramáticos, é unha crítica á deshumanización do mundo capitalista, que nos converte en inimigos e competidores, dispostos á loita máis salvaxe na que todo vale.
En todos os espectáculos teatrais a entrada será de balde ata completar aforo. Reserva de localidades en billeteira.concellodebrion.gal
Tamén se van organizar diferentes espectáculos ao longo do mes de maio dirixidos exclusivamente ao alumnado dos diferentes centros educativos de Brión.
Cartel Maio Cultura - Letras Galegas 2022 |
0 comentarios :
Publicar un comentario