O 23 de abril celebramos o "Día do libro e dos dereitos de autor", unha efeméride impulsada dende 1995 pola Unesco coa intención de homenaxear o libro e a lectura e fomentar o respecto pola importante achega social e cultural dos autores.
Coincidindo coa data do falecemento en 1616 de Cervantes, Shakespeare e coa festa de Sant Jordi en Cataluña, o 23 de abril é a gran celebración do libro, das librarías e bibliotecas, da promoción da lectura, da tradución e do respecto á propiedade intelectual.
A B.P.M. de Brión desexa conmemorar esta efeméride tan especial con toda a cidadanía a través dunha programación especial de actividades nas que destacan un espectáculo de narración oral, unha presentación bibliográfica, unha pequena homenaxe a Isaac Díaz Pardo a través dos libros, unha solta de libros, así coma varias propostas e contidos virtuais a través das redes sociais da biblioteca. Se queres coñecelas con máis detalles, continúa lendo.
“Aprendendo a querer” con Trinketrinke Teatro
Os ratos e ratiñas de Lonxedetodo saben da importancia de tratárense os uns aos outros con respecto,
coidado e cariño. Saben que isto é fundamental para teren unha boa saúde afectiva e para establecer cos demais relacións afectivas sas, arredándose de relacións de dominio, dependencia ou abuso. E hai contos que nos axudan a identificar unhas e outras.
Baixo esta premisa, a compañía TrinkeTrinke Teatro presentará en Brión un espectáculo de narración oral destinado a crianzas de entre 4 e 10 anos de idade. Un serán contacontos que se celebrará o venres 22 de abril ás 18:00 h. na Sala municipal de Exposicións (Casa da Cultura).
A entrada será de balde ata completar aforo. Se desexas reservar unha butaca, xa podes facelo enviando unha mensaxe de correo ao enderezo electrónico bibliotecadebrion@briondixital.org. Nela só deberás indicar o nome dun adulto, un número telefónico de contacto e a cantidade de localidades a reservar.

Presentación do libro "Sobrevivindo" de Arantza Portabales
En abril, retomamos as presentacións bibliográficas, unha actividade que botábamos en falla e que regresará a Brión no mes do libro e a lectura.
Nesta ocasión o encontro literario programado achegará ata Brión o último libro da recoñecida autora Arantza Portabales que presentará na Sala Municipal de Exposicións a nova versión ampliada de "Sobrevivindo", unha obra publicada pola Editorial Galaxia en 2022 que xa vai pola súa 2ª edición.
O serán literario celebrarase o venres 22 de abril ás 20:30 h. no mencionado espazo, localizado na planta baixa da Casa da Cultura de Brión. Ademais da autora, o acto contará coa presencia de Mercedes Corbillón da coñecida libraría "Cronopios". No evento colaboran Galaxia e libraría Mainomen
Homenaxe a Isaac Díaz Pardo a través da arte e a lectura
En colaboración co artista brionés Fran Lareo, a biblioteca municipal realizará unha pequena homenaxe a Isaac Díaz Pardo cunha exposición bibliográfica vertebrada arredor dunha peza artística de Fran Lareo inspirada na figura do intelectual galeguista, pintor, ceramista, deseñador, editor e empresario compostelán. A mostra exhibirase na biblioteca dende o día 20 de abril.
“Colle o teu libro e corre”: Solta de libros
Tralas experiencias moi positivas de “Libros para sermos libres” (en colaboración coa Deputación da Coruña) en 2018, “Libros libres” en 2019 e “Libros desconfinados” en 2021, iniciativas coas que se repartimos entre a cidadanía de xeito totalmente gratuíto varios centos de exemplares para fomentar a lectura, a biblioteca municipal retoma unha vez máis esta actividade. Baixo a denominación “Colle o teu libro e corre”, agasallaremos á cidadanía de Brión cun libro a escoller en calquera dos dous puntos de recollida que habilitaremos para a ocasión.
O día 22 de abril, a entrada da Sala Municipal de Exposicións (Casa da Cultura) acollerá un punto de recollida de 10:00 a 13:00 h. Pola tarde, de 16:00 a 22:00 h., as usuarias e os usuarios da biblioteca municipal poderán retirar exemplares nun punto que se atopará na entrada do centro. O sábado 23 de abril volveremos atopar o punto de recollida na biblioteca municipal en horario de 9:00 a 13:30 h.
Por mor da situación sanitaria, cando nos acheguemos aos puntos de solta de libros, deberemos respectar todas as medidas de prevención establecidas para evitar a transmisión da COVID-19: desinfección de mans con xel hidroalcólico nos expendedores habilitados, uso de máscara facial en interiores, distancia interpersoal e consulta dos fondos da exposición de xeito individual (salvo grupos de persoas que convivan).

Os libros da nosa vida | #librosdanosavida
Unha vez máis, lanzamos esta proposta a través do Facebook (@bibliotecadebrion) e do Twitter (@bibliobrion) para que todas e todos compartades coa etiqueta #librosdanosavida lecturas que vos marcaron nalgún momento e queirades recomendar ao resto de usuarias e usuarios da biblioteca.
Tan sinxelo como propoñer un título, o autor, unha edición concreta (se considerades que é significativo) e porque se converteu nunha lectura importante para vós nun momento determinado da vosa vida. Podedes facelo a través dun texto, con imaxes ou gravando un breve vídeo.
Un libro que vos fai compañía no tempo de lecer, unha obra que vos axuda a aprender, a viaxe e coñecer mundo neste tempo de incerteza. Non hai limite...
Animádevos a participar e feliz Día do Libro 2022!
Tan sinxelo como propoñer un título, o autor, unha edición concreta (se considerades que é significativo) e porque se converteu nunha lectura importante para vós nun momento determinado da vosa vida. Podedes facelo a través dun texto, con imaxes ou gravando un breve vídeo.
Libros con cara (-tula) | #librosconcaratula
Neste caso convidámosvos a partillar as cubertas dun libro (ou varios) que esteades a ler ou rematarades de facelo recentemente. Pode ser unha lectura en formato papel ou dixital, novo ou vello, novela ou conto, poesía ou teatro, biografía, álbum infantil, revista, etc. Tomade unha foto e compartídea connosco no Facebook ou no Twitter da biblioteca, coa etiqueta #librosconcaratula.Un libro que vos fai compañía no tempo de lecer, unha obra que vos axuda a aprender, a viaxe e coñecer mundo neste tempo de incerteza. Non hai limite...
Solta de libros virtuais e recomendacións de lectura
Ademais da solta de libros dos días 22 e 23, entre o 18 e o 30 de abril compartiremos recursos culturais e informativos para a lectura e o lecer. Recomendaremos libros e outros contidos dixitais accesibles en préstamo dende as plataformas GaliciaLe-eBiblio e ebibliodacoruna. Tamén libros dixitais (e-books) de libre distribución para incorporar á vosa biblioteca.Animádevos a participar e feliz Día do Libro 2022!
0 comentarios :
Publicar un comentario