Para celebrar a chegada do verán e das tan esperadas vacacións estivais, a BPM de Brión convidada a todas as crianzas maiores de 3 anos de idade a participar no espectáculo musical “Música Miúda” a cargo de Miguel Alonso.
O serán de animación terá lugar o vindeiro xoves 11 de xullo ás 12:00 h. na Carballeira de Santa Minia (ou na Sala de Exposicións Municipal, dependendo do tempo atmosférico), con entrada de balde para todas e todos as nenas e nenos que desexen achegarse ata este espazo.
“Música Miúda” é un proxecto didáctico que combina contacontos e música. A través das Historias de Bemol Pequeno, preséntanse conceptos básicos da música como o volume, o ton, as familias de instrumentos, as notas musicais... Cada unha delas inclúe un conto e unha canción, que se presentan nun espectáculo en directo pensado para que o público infantil participe e aprenda nun entorno lúdico.
Unha actividade que a BPM de Brión organiza co patrocinio do programa Ler Conta Moito da Rede de Bibliotecas de Galicia.
0 comentarios :
Publicar un comentario