luns, 4 de febreiro de 2019

EbibioDaCoruna presenta o seu Club Lector

Dende a BPM de Brión queremos divulgar entre os nosos usuarios e as nosas usuarias un novo e interesante servizo que pon á disposición dos lectores e lectoras das biblioteca públicas da provincia a Depuración da Coruña. Falamos da plataforma de préstamo de libro dixital EbiblioDaCoruna (máis información aquí) que a partires do día 12 de febreiro estrea o seu Club lector.

Que é?

EbibioDaCoruna Club Lector é un espazo en liña para ler, comentar e compartir lecturas, tanto en castelán como de autores galegos, tendo en conta a actualidade, intereses e gustos dos participantes. En definitiva, un club de lectura virtual aberto as 24 horas no que pode participar calquera persoa usuaria do servizo de préstamo dixital EbiblioDaCoruna.

Como funciona?

O club de lectura divídese en dúas salas, “Arredor dos libros” dedicado a escritores galegos, e “Compartiendo lecturas”, no que se percorren libros de variada temática e de actualidade en castelán.

Está moderado por unha persoa cualificada con moitos anos de experiencia moderando clubs de lectura e impartindo clases de español e galego. Os clubs de lectura tamén teñen o soporte do persoal técnico da Biblioteca da Deputación.

A programación das lecturas no club para os vindeiros meses é a seguinte:

Arredor dos libros:

· “Vivir sen permiso e outras historias de Oeste”, de Manuel Rivas. Comeza o 12 de febreiro.

· “A memoria da choiva”, de Pedro Feijoo. Comeza o 16 de abril.

· “Insolación”, de Emilia Pardo Bazán. Comeza o 11 de xuño.



Compartiendo lecturas:

· “Los pacientes del doctor García”, de Almudena Grandes. Comeza 28 de febreiro.

· “Poesía reunida”, de Ida Vitale. Comeza 4 de abril.

· “La uruguaya”, de Pedro Mairal. Comeza 28 de maio.

Quen pode participar no club?

Calquera persoa usuaria da EbiblioDaCoruna (o servizo de préstamo dixital da Biblioteca da Deputación). Para acceder só é preciso cumprir os seguintes requirimentos:

- Estar de alta na plataforma de préstamo dixital EbiblioDaCoruna. Date de alta aquí de balde: http://deputaciondacoruna.tubiblioweb.com/alta-no-prestamo-electronico/

- Ter un dispositivo para ler con acceso á Internet: móbil, ordenador, tableta…

Para acceder ao club lector premer nesta ligazón: https://ebibliodacorunaclub.odilotk.es

E identificarse no apartado “Iniciar sesión” coas claves da EbiblioDaCoruna.


Como unirse a un club e participar?

Unha vez que a persoa interesada se identifica no apartado “Iniciar sesión”, xa pode comezar a seguir calquera dos dous clubs, premendo en “Seguir”.

Na pestana Información aparece a programación do club para os vindeiros meses e unhas breves indicacións de uso.

Na pestana Lecturas pódese tomar en préstamo o libro, que estará dispoñible a partir do mesmo día en que comeza o club.

Nas pestanas Foro, Chat e Citas pódese contestar ás conversas que abre a persoa moderadora, chatear co resto de participantes no club, e compartir as nosas frases favoritas do libro.

Onde atopar información?

Toda a información necesaria para participar no club pode atoparse na páxina web da Biblioteca www.dacoruna.gal/biblioteca no apartado EbiblioDaCoruna Club Lector.

Pode demandarse atención personalizada de información no enderezo de correo biblioteca.info@dacoruna.gal e no teléfono 981 080 176. Tamén de xeito presencial na sala de Préstamo e Información no primeiro andar da Biblioteca en Riego de Agua 37, A Coruña.

Xunto a este correo e no apartado mencionado da web pode atoparse unha guía breve de uso do EbiblioDaCoruna Club Lector.

0 comentarios :

Publicar un comentario