LEMBRANZA IMPORTANTE
Dende o 25 DE MAIO a biblioteca amplía o horario de apertura.
Asemade, adapta os seus servizos á FASE 2 do desconfinamento (en caso de aprobarse).

xoves, 7 de febreiro de 2019

Boletín de novidades dixitais de xaneiro da plataforma de préstamo EbiblioDaCoruna

Dende a BPM de Brión queremos difundir entre os nosos usuarios e as nosas usuarias o novo boletín de novidades da plataforma dixital EBIBLIODACORUNA, un documento que atoparedes a pé de páxina e que recolle todos os materiais que recentemente se incorporaron na plataforma de préstamo dixital.

EbiblioDaCoruna é a plataforma gratuíta de préstamo dixital de libros, películas, audio-libros e outros contidos dixitais das máis variadas temáticas, que a Deputación da Coruña pon en servizo para todas as persoas usuarias de calquera biblioteca pública da provincia da Coruña. Se queredes saber máis sobre o seu funcionamento, só tedes que pinchar nesta ligazón.



Boletín xaneiro de 2019
 

0 comentarios :

Publicar un comentario