HORARIO DE VERÁN: AGOSTO
Do 28 de xullo ao 31 de agosto, a biblioteca municipal
permanecerá pechada.
Volvemos o día 1 de setembro co horario do mes de xullo.
Un feliz verán cheo de boas lecturas!

xoves, 17 de xaneiro de 2019

"Un paraíso inalcanzable" de John Mortimer, vindeira lectura do club

Dende o Nápoles de “La amiga estupenda” damos un salto espacial para situarnos en Rapstone Fanner, unha pequena vila inglesa onde se ambienta a narración de “Un paraíso inalcanzable” (1985) a novela de John Mortimer escollida como vindeira lectura do club.
“Un paraíso inalcanzable” é un delicioso retrato da vida de provincias inglesa e tamén unha feroz sátira do thatcherismo e dos cambios que se produciron no país durante a segunda metade do século XX. A narración percorre corenta anos da historia de Rapstone Fanner e as súas xentes −os que van desde a segunda guerra mundial ata o goberno de Margaret Thatcher−, durante os cales a sociedade e costumes inglesas sufriron cambios radicais.
O autor, John Mortimer, foi avogado, dramaturgo e novelista. Como avogado, adquiriu gran notoriedade nos anos setenta como defensor da liberdade de expresión nas numerosas causas abertas contra libros, revistas e discos. En 1998 foi nomeado Sir pola súa contribución ao mundo das artes.
Para comentar a lectura, reunirémonos o mércores 6 de febreiro ás 20:00 h. Como sempre, na biblioteca municipal.

0 comentarios :

Publicar un comentario