Un ano máis, a Feira do Libro de Brión-Maio cultural acode puntual a súa
cita coa promoción do libro e a lectura no mes que celebramos a gran
festa das nosas Letras. Como de costume, nesta 27ª edición, a Feira do
Libro presenta unha programación cultural dirixida especialmente aos
máis novos, ofrecendo unha variada oferta lúdica-educativa, con conta
contos, recitais, música e teatro.
A ampla e variada programación, que se inicia o día 8 e remata o 31 de
maio, está orientada a lembrar e conmemorar a figura de Carlos Casares,
autor homenaxeado no Día das Letras Galegas que se celebra o 17 de maio.
Narrador, ensaísta, articulista de prensa, editor e dinamizador
cultural, Carlos Casares (Ourense, 1941-Vigo, 2002) é unha das figuras
máis senlleiras e renovadoras da literatura galega das últimas décadas
do século XX. Un intelectual que máis alá do seu talento literario
implicouse activamente na vida cultural, política, social e
institucional de Galicia, amosando un compromiso inquebrantables coa
nosa lingua.
O cartel da Feira do Libro-Maio cultural 2017, co programa completo de actividades, pode consultarse premendo na seguinte ligazón.
0 comentarios :
Publicar un comentario