Despois de ler “Suite francesa” de Irène Némirovsky, retomamos o fío da literatura galega para achegarnos á obra da escritora monfortina Teresa Moure. “Herba moura” é a novela escollida nesta ocasión, un título traducido a varios idiomas e galardoado en 2005 co Premio Xerais.
O libro narra a historia de Hélène Jans e a raíña Cristina de Suecia, dúas mulleres do s. XVII unidas pola figura do recoñecido filósofo René Descartes. Einés Andrade, situada no noso tempo, é a outra figura feminina da novela e a encargada de dar a coñecer as vidas de Hélène e Cristina grazas á investigación que está a realizar para a súa tese doutoral. A novela é un compendio de epístolas, poemas, receitarios... un “patchwork”, como se afirma na propia obra, onde Moure ensínanos que hai outras formas de ler o mundo á parte da que nos inculcaron.
Para comentar a novela reunirémonos á volta
das vacacións de Pascua, o día 19 de abril. Como sempre a xuntanza será na
biblioteca ás 20:30 h.
0 comentarios :
Publicar un comentario