A biblioteca da Deputación da Coruña proponche para este verán un concurso de fotografía relacionado coa lectura:
#BDconMiLibroyMiSombrilla
"Buscando escenarios de lectura" (4ª Ed.),
que quere que compartas co resto de usuarios a través das redes sociais unha foto co teu lugar favorito da provincia de A Coruña para gozar dunha boa lectura. "Buscando escenarios de lectura" (4ª Ed.),
Como participar neste certame:
-No Instagram: subir a fotografía e no pé de foto, mencionar a conta da Biblioteca (@bibliodicoruna), o lugar e engadir a etiqueta do concurso que corresponda:
#BDconMiLibroyMiSombrilla.
-No Twitter: mencionar a conta da Biblioteca (@Bibliodacoruna), indicar o lugar seleccionado, engadir a fotografía e a etiqueta do concurso: #BDconMiLibroyMiSombrilla.
-No Facebook: deixar un comentario coa etiqueta que corresponda #BDconMiLibroyMiSombrilla na entrada do concurso e engadira fotografía coa que ides a participar.
-Para os concursantes que non teñan ningunha das redes sociais anteriores, tamén se pode achegar por correo electrónico ao enderezo: biblioteca.info@dacoruna.gal a fotografía co título correspondente, poñendo no asunto da mensaxe: #BDconMiLibroyMiSombrilla
O dia 31 de agosto finalizará o prazo e o día 2 de setembro os organizadores levarán a cabo un sorteo entre todos os participantes, escollendo dúas fotografías, ás que se lle fará entrega de cadanseu agasallo da Biblioteca que consistirán en:
1. Un lote de produtos promocionais da Biblioteca da Deputación da Coruña, no que se inclúe un lote de libros do premio "Luis Ksado" que edita a Deputación da Coruña.
2. Un gravado de edición limitada serigrafía de Asun Parrilla e Elena García Blázquez.
3.Un agasallo institucional da Deputación da Coruña, de pezas de Olería de Buño.
Nota 1: Non é preciso ser socio da Biblioteca para poder participar.
Nota 2: Aínda que non apareza na imaxe deberá indicarse o título da obra que se vaia ler
Nota 3: Debe indicarse tamén o lugar da provincia onde foi tomada a fotografía.
Nota 4: A participación neste concurso obriga ao autor a aceptar estas bases e a dar permiso á Biblioteca da Deputación para publicar as fotografías presentadas nos medios impresos ou electrónicos que considere oportunos, tanto para a súa promoción e exposición durante o transcurso do concurso, como á finalización deste.
0 comentarios :
Publicar un comentario