Antonio Muñoz Molina é un recoñecido escritor e académico de número na Real Academia Española, conde ocupa a cadeira “u”. Galardoado co premio “Príncipe de Asturias de las Letras”, Muñoz Molina naceu en Úbeda (Jaén) en 1956. Estudou Historia da Arte en Granada e Xornalismo en Madrid. Nos anos oitenta traballou de funcionario na capital granadina e colaborou como columnista na prensa local. Tras publicar o libro “El Robinson urbano”, unha recompilación dos seus artigos xornalísticos, en 1986 ve a luz a súa primeira novela “Beatus ille”. Un ano despois gaña o “Premio de la Crítica” e o “Nacional de Narrativa” precisamente coa obra que nos ocupa “El invierno en Lisboa”. En 1991 foi recoñecido co “Premio Planeta” e un ano despois co “Nacional de Narrativa” coa obra “El jinete polaco”. Outras novelas destacadas son “Beltenebros”, “Los misterios de Madrid”, “El dueño del secreto”, “Plenilunio”, “Ventanas de Manhattan” ou “El viento de la luna”.
Editado: Para comentar “El invierno en Lisboa” reunirémonos o vindeiro día 05 de febreiro na biblioteca pública municipal ás 20:30 h. Ata entón, saúde e boas lecturas.
0 comentarios :
Publicar un comentario