As bibliotecas galegas celebramos por vez primeira o Día do Usuario, una data que ven de incorporarse ao Calendario do Libro e a Lectura da Consellería de Cultura. Unha efeméride que lle da o protagonismo á nosa razón de ser: os usuarios que día a día se achegan as bibliotecas públicas na procura do libro e a lectura, a información e o acceso ás novas tecnoloxías da comunicación.
Porque esta é a nosa principal motivación, ser un servizo público de calidade ao que todos os cidadáns poidan acceder libremente. Por iso, todo o ano traballamos para ti. Pero hoxe queremos agradecémosche especialmente a túa confianza nos servizos que che ofrecemos con algunha que outra sorpresa.
Moitas grazas por confiar en nós. Porque queremos ser a biblioteca de todos e cada un. A túa biblioteca.
0 comentarios :
Publicar un comentario