Despois de gozar con “84, Charing
Cross Road” da escritora estadounidense Helene Hanff, iniciamos unha nova
lectura no club de cara ás vindeiras festas de Nadal. Nesta ocasión cruzamos o
Atlántico, como a correspondencia recollida na mencionada obra, e viaxamos ata
o vello continente para facer escala na Italia natal do creador siciliano Andrea Camilleri. Nado en 1925, este escritor de guións, novelista
e director teatral e televisivo, preséntanos “A pensión Eva”, novela coa que abandona
temporalmente o seu aclamado personaxe do inspector Montalbano e entrega aos
lectores e lectoras unha novela memorable sobre a infancia e a adolescencia na
Sicilia da Segunda Guerra Mundial.
Tamén é a nosa próxima lectura, da que
poñeremos en común opinións o vindeiro mércores 9 de xaneiro de 2014 ás 20:30
h. na biblioteca pública municipal. Ata entón, felices festas e boas lecturas!!
0 comentarios :
Publicar un comentario